Camións subministran auga a unha aldea de Ponteareas tras os incendios

Alcalde e concelleiros visitan as zonas afectadas para availiar os danos e convocaránse encontros cos propietarios afectados e voluntarios que desexen colaborar na recuperación dos terreos afectados.

Por Galicia Confidencial | Ponteareas | 19/10/2017 | Actualizada ás 10:25

Comparte esta noticia

O Concello de Ponteareas xa subministra auga potable aos veciños da traída de augas augas de Casal, en Guláns. Nestes intres tamén traballa nas posibles vías de subministración de auga á traída de augas do barrio de Porto, en Guláns, xa que foi imposible o acceso da cisterna á zona do depósito. Segundo informa, o consistorio tamén está a proceder á retirada de árbores da estrada do barrio da Ermida, en Pías e atende ás chamadas dos veciños e veciñas afectados polos incendios.

Lume en Pazos de Borbén, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Lume en Pazos de Borbén, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

De feito, nos vindeiros días, o alcalde e varios concelleiros visitarán as parroquias e zonas afectadas para avaliar os danos producidos polos incendios para, entre outras xestións, trasladarllos ao Presidente da Xunta de Galicia. Cos datos recollidos dos danos desta catástrofe o alcalde de Ponteareas demandará os apoios necesarios ao Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e ao Presidente da Xunta, Rafaél Núñez Feijoó, tal e como xa fixo o pasado luns día 16 no encontro mantido no posto de mando de Pazos de Borbén. 

A partir deste xoves, o Concello de Ponteareas habilitou xa un número de teléfono e un enderezo electrónico para atender aos afectados e afectadas polos incendios; ademais no concello haberá unha persoa para atender aos cidadáns que prefiran achegarse ata a casa do concello.

O concello de Ponteareas está a organizar diferentes encontros con voluntarios e veciños para recollida de información e avaliar a posibilidade de traballar de xeito conxunto con propietarios, comunidades de montes, comunidades de augas e todo aquel interesado na recuperación dos terreos afectados. Demandará os apoios necesarios para paliar esta situación de catástrofe 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta