Sen cambios

Cando Alfredo Pérez Rubalcaba se estrenou como sustituto de Fernández de la Vega dixo que o goberno que preside Rodríguez Zapatero tiña un presidente e 15 voceiros.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 10/11/2010

Comparte esta noticia
Daquela non fixo alusión algunha a que o discurso de cada un dos ministros-voceiros ou voceiros-ministros non terían necesariamente que ser coincidentes. 
 
Fixo ben ó non mencionar tal homoxeneidade porque, transcurridos menos de quince días da remodelación gubernamental, voltamos as andadas e os discursos distan moito de ser concordantes, por non dicir directamente contradictorios. 
 
Zapatero, eso si, fiel o seu optimismo, continua empecinado en asegurar que a recuperación económica, de tan próxima, case pode tocarse. Na apreciación coincidiu tamén Elena Salgado. O novo ministro de Traballo, nembargantes, desmarcabase do discurso oficial e recoñecía que esa esperada melloría non é tan inminente como para que poida concretarse na creación de emprego. Os datos, ó pouco, confirmaron o seu vaticinio.
 
A realidade, igual de terca que Zapatero, rebate, unha e outra vez, a confianza que intensamente esgrime o presidente coa ilusa ilusión de que alguén, a estas alturas, o crea. 
 
Así que, desgraciadamente, a inflación medra por riba do dous por cento e confirmouse o estancamento da nosa economía no terceiro trimestre, consecuencia directa do incremento do IVE. Algo do que xa advertín eu, de xeito reiterado ademais, á ministra Salgado e que o propio Javier Vallés, xefe da oficina económica do presidente do goberno, recoñeceu abertamente, e ratificou despois o Banco de España.
 
O Fondo Monetario Internacional pronosticou que España non cumplirá co obxectivo de déficit fixado para 2013, o que implícitamente vén a dicir que o goberno, queira ou non, verase obrigado a implementar novas medidas de axuste. 
 
As contas, polo tanto, que bota Zapatero chocan, unha e outra vez, co día a día. Mesmo resultará máis difícil, máis caro por tanto, colocar a débeda pública como consecuencia dun novo repunte da prima de risco. Rusia, por exemplo, xa se negou a comprar máis débeda española. A desconfianza dos mercados terá algunha razón de existir: non acabamos de xerar a confianza suficiente e as medidas adoptadas ata o momento tampouco serven para reactivar a actividade económica. 
 
E mentres o deterioro xeral avanza, o novo gabinete gubernamental segue a senda improvisada e contradictoria iniciada polos seus antecesores. 
 
Cando poñerán pé en terra e aportarán solucións?

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA