O Eibar, solidario con Galicia

O equipo guipuscoano doará a taquilla do partido de ida da Copa do Rei contra o Celta do vindeiro mércores aos galegos afectados pola vaga de lumes e ademáis habilita unha Fila Cero con entradas virtuais a dez euros para recadar fondos.

Por gcdeportes | Vigo | 20/10/2017 | Actualizada ás 17:04

Comparte esta noticia

Un xesto solidario e exemplar, digno de ser imitado por outros clubs. A SD Eibar anunciou que doará de xeito íntegro a taquilla do partido de Copa do Rei que disputará o vindeiro mércores contra o RC Celta en Ipurua para axudar ás persoas afectadas polos incendios en Galicia. A iniciativa foi louvada nas redes sociais, cualificando o Eibar de 'club grande'.

O club guipuscoano, que amosa no seu comunicado a súa “absoluta tristeza y consternación” polos graves incendios que causaron a morte de catro persoas en Galicia, comprométese a doar de xeito íntegro, a través da SD Eibar Fundazioa, a taquilla recadada no duelo co equipo vigués “para contribuir a las organizaciones que están luchando contra los efectos de los incendios, dentro de su compromiso de la defensa del bienestar de las personas y del cuidado del medio ambiente".

As entradas terán un prezo de 20 euros en tribunas e fondos, 10 euros para os rapaces, e ademáis o club armero habilita unha Fila Cero para que todas as persoas interesadas poidan comprar unha entrada virtual destinando 10 euros como donativo. Todas as entradas poden mercarse nas oficinas do club ou na web.

A recadación íntegra será entregada a Cruz Roja Eibar-Ermua, socio habitual do club nas súas diferentes campañas, que o entregará a Cruz Vermella Galicia, organización que segundo o club quipuscoano dende o primeiro momento deu resposta ás necesidades dos damnificados con ropa, alimentos, mantas e aloxamentos improvisados, así como atención de profesionais sanitarios a feridos e desprazados.

Seareiros celestes no partido de Liga en Ipurua o mes pasado.
Seareiros celestes no partido de Liga en Ipurua o mes pasado. | Fonte: lfp.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta