A outra Galicia: o raposo que se achegou aos humanos

Sucedeu na Curota, na Pobra do Caramiñal. Alí, un raposo atopado por uns veciños non tivo medo de achegarse a estes. Unha imaxe que contrasta coa destrución dos lumes destes días. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Pobra do Caramiñal | 25/10/2017 | Actualizada ás 11:38

Comparte esta noticia

Unha imaxe que contrarresta esa Galicia negra, tráxica e destruída polos lumes que asolaron o país estes días; a natureza galega en todo o seu esplendor: un raposo no alto da Curota, na Pobra do Caramiñal, foi atopado na beira da estrada por uns veciños aos que o animal nun dubidou en achegarse.

Un raposo achégase a unha muller na Curota, na Pobra do Caramiñal
Un raposo achégase a unha muller na Curota, na Pobra do Caramiñal | Fonte: Alfonso Lampón.

Nas imaxes, e como describen os propios protagonistas do vídeo, o raposo xoga cunha musaraña, sen temor pola presenza destes veciños. Logo, de novo, e convidado por unha muller, decide achegarse a esta e chéiraa sen medo ningún. Os propios veciños, abraiados pola beleza e o carácter do animal, láianse de que o exemplar poida ser abatido por cazadores.

Velaquí o vídeo gravado e compartido por Alfonso Lampón en Facebook. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta