Comeza a batalla xudicial para que os Franco devolvan as esculturas do Pórtico da Gloria

O Concello de Santiago inicia unha "acción reivindicatoria pola vía civil" baseandose nun informe elaborado pola asesoría xurídica municipal.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/10/2017 | Actualizada ás 17:55

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, anunciou este venres o inicio do procedemento xudicial contra a familia Franco para reclamar a devolución das dúas esculturas do Pórtico da Gloria que obran no seu poder. A Xunta de Goberno do Concello de Santiago acordou na súa reunión deste venres iniciar unha "acción reivindicatoria pola vía civil" contra a familia Franco y Polo para demandar a devolución das esculturas de Isaac e Abraham, ambas as relacionadas co taller do Mestre Mateo.

Estatuas do Mestre Mateo en poder dos Franco
Estatuas do Mestre Mateo en poder dos Franco

En rolda de prensa, Noriega lembrou que estas dúas esculturas, que formaron parte da fachada exterior do Pórtico, adquiríronse para o patrimonio público en 1948, nun acordo que expresaba "o compromiso do goberno municipal de que esas figuras fosen obxecto de exposición permanente no museo da Catedral desta cidade" e non fosen cedidas ou vendidas a terceiros.

O Concello de Santiago iniciou o pasado mes de setembro as accións para solicitar a devolución destas esculturas que, desde os anos 60 figuran en poder da familia Franco. De feito, o 21 de setembro, o Concello enviou un requirimento á familia Franco no que lle daba un prazo de 15 días para devolver ao patrimonio municipal as dúas figuras do Mestre Mateo, un requirimento que, con todo, non obtivo "ningunha" contestación.

INFORME DA ASESORÍA XURÍDICA

O acordo de "realizar este labor reivindicatoria" baséase nun informe elaborado polo director da asesoría xurídica municipal, no que se determina que nos "próximos días" se presentará unha acción pola vía civil reclamando a propiedade sobre as dúas pezas, dixo Noriega.

A acción, apuntou, deberá "seguramente" sustanciarse en Madrid, por ser "o lugar de residencia da familia que detenta ilexítimamente a propiedade das dúas pezas". Para iniciar este proceso é necesario demostrar "a propiedade" das esculturas, algo que está "feito", así como proceder á identificación das mesmas a través dun informe. A acción xudicial estará dirixida contra "o propietario ilexítimo, neste caso a familia Franco y Polo".

"Entendemos que as pezas son parte integrante do patrimonio histórico artístico e que pasaron a propiedade do Concello coa natureza de bens de dominio público", apuntou o rexedor, que considera que hai "marcos legais" que xustifican a súa devolución. O proceso, calculou, non debería durar "máis dun ano".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Rgjky

¿Alguien sabe dónde está la tercera escultura que se adquirió al conde de Ximonde, una talla medieval de un caballero sedente? Estuvo en la Alameda, frente al Pombal ¿Y ahora, dónde está...?

1 galegoexiliado

Pois a ver si te das a mesma presa en pagar a proveedores e en devolver os impostos cobrados de mais aos compostelans que pagan o teu soldo. Por certo que estas estátuas foron un regalo do agradecido pobo compostelán a quén os salvou do comunismo e das mareas podemitas. E a ver si te empadronas e pagas impostos en Santiago dos Taberneiros.