Semellanzas

Os comicios norteamericanos supuxeron un severo castigo para Barack Obama. Os cidadáns opinaron e fixérono de xeito contundente. Dixéronlle, con rotundidade, non ó paro; non á suba de impostos; e non ó incremento do déficit.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 17/11/2010

Comparte esta noticia
O mesmo que lle están a dicir eiquí a Rodríguez Zapatero, aló a través do voto; eiquí, mediante as enquisas. E eso que o desemprego, unha das cuestións que máis rexeitamento e preocupación social supoñen para os norteamericanos, ó igual que para os españois, non chega ó 10 por cento nos EEUU, a metade da taxa que soporta España.
 
Ante semexante aviso, Obama (obrigado polas circunstancias) reaccionou de inmediato, recoñecendo erros e anunciando o seu propósito de enmenda. Implícitamente admitiu que os discursos ben modulados e perfectamente escenificados, aínda que inicialmente producen un efecto hipnótico e ata eufórico na audiencia, non son suficientes para manter a moral alta e o respaldo inalterable. Máxime cando toca lidiar coa crise económica máis dura dende aquela Gran Drepresión do século pasado 
 
En momentos como éste, aínda que é importante ser capaz de transmitir ilusión á cidadanía, resulta aínda máis necesario ofrecerlle confianza e, por riba de todo, solucións. E cando non hai solucións, pérdese a confianza, a ilusión volatilízase e a decepción ocupa o vacío que deixa. 
 
Os discursos desproporcionadamente optimistas, e quizais aderezados en exceso de arrogancia e ata pode incluso que dunha pinga de soberbia, acaban por chocar coa realidade, coa amarga e difícil realidade. 
 
Zapatero debería aplicarse o conto. Negou a crise e tras admitir a súa existencia (non sin dificultades) e non facer nada para atallala (máis ben contribuir a agrandala coa suba de impostos, conxelación das pensións e demais ocurrencias), optou por un cambio de goberno (que non de políticas) cun maior componente “comunicativo”. Unha estratexia que precisamente Obama vén de recoñecer que foi un erro. 
 
Nos momentos duros (demostrado queda), os cidadáns, en calquer lado do océano que se mire, non queren mitos senón xestores, actuacións solventes e de calado que, cando menos, manteñan o grao de benestar acadado.
 
Zapatero debería aplicarse o conto e, como recomenda o dito, poñer as súas barbas a remollar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA