Gonzalo Caballero apela a recuperar o "músculo" na rúa para que o PSdeG sexa alternativa

Aposta por recuperar territorio nas municipais fronte á dereita e critica duramente a "demagoxia" das 'mareas'. Ignora ao BNG e, en alusión a Cataluña, destaca que os socialistas cren "no imperio da lei e no diálogo".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2017 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

O recentemente proclamado secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, apelou a que o partido recupere "músculo" na rúa a través do contacto coa "sociedade civil e o activismo" que pide en Galicia un "cambio" político que debe "encabezar" o socialismo galego. "Só haberá cambio político en Galicia se o lidera o PSdeG", aseverou.

Gonzálo Caballero xunto a Pedro Sánchez en Santiago
Gonzálo Caballero xunto a Pedro Sánchez en Santiago | Fonte: Europa Press

O economista vigués, vencedor das primarias do pasado 8 de outubro, interveu na mañá deste domingo no XIII Congreso do PSdeG celebrado en Santiago e que foi clausurado polo secretario xeral socialista, Pedro Sánchez.

Caballero volveu a incidir, como xa fixo na xornada do sábado, en que o socialismo galego conforma un "exército imparable" que debe "liderar" unha "coalición social de progreso" á que han de sumarse "outras opcións políticas detrás", así como os colectivos sociais que piden "unha alternativa" á dereita en Galicia.

Todo iso, segundo o líder dos socialistas galegos, sendo "coherentes coa historia do partido" e cun proxecto "galego e galeguista" que estea "en sintonía" coa dirección federal do partido pero que goce de "capacidade de acción propia".

"Temos que estar orgullosos da historia do PSOE e o PSdeG. Pero tamén con ganas de estar na rúa, na sociedade civil e no activismo. Se perdemos o músculo político a dereita seguirá reinando no país con maiorías absolutas", aseverou Caballero no seu discurso.

Gonzalo Caballero
Gonzalo Caballero | Fonte: galiciaartabriadigital.com

Para o vigués, nesta nova etapa que abre o PSdeG, o partido ten que "impregnarse dos signos de modernidade" e "adaptarse aos novos tempos" para, deste xeito, "encarar o futuro" e ser quen de aproveitar "o círculo electoral ascendente" aberto após as primarias federais nas que Pedro Sánchez se impuxo á presidenta andaluza Susana Díaz.

"CAMBIO NECESARIO" EN ESPAÑA

Caballero, que naqueles comicios internos se situou publicamente ao lado de Sánchez, asegurou que España necesita "un cambio político" para afrontar os "problemas profundos" dun país "inmerso na corrupción xeneralizada" que debe implementar "reformar políticas e económicas con maior sensibilidade social".

"O cambio vaise a producir co impulso do socialismo. Pedro (Sánchez), imos cambiar o Goberno de España", incidiu; para logo lembrar que, nos anos 80 con Felipe González e nos 2000 con José Luís Rodríguez Zapatero, o PSOE foi quen de aproveitar un escenario de "recuperación electoral" para chegar ao Goberno. "Estamos chamados a facelo", apostilou.

Caballero tamén fixo referencia ao conflito en Cataluña co proceso independentista impulsado desde a Generalitat. Deste xeito, remarcou que o PSOE defende un internacionalismo "que non quere fronteiras": "Os socialistas non somos nacionalistas nin independentistas. Cremos no imperio da lei e no diálogo", incidiu, aínda que os socialistas gobernan varios concellos e dúas deputacións en colaboración cos nacionalistas do BNG.

MODELO DE PARTIDO "MÁIS ABERTO"

A continuación, apelou a lograr "un modelo de partido máis aberto, activo e presente na sociedade" que sexa quen de "recuperar o protagonismo na vida galega" para que o PSdeG "marque a folla política do país".

"Somos moi transparentes e abertos. Somos o partido da participación", asegurou, para logo contrapor esa idea á "demagoxia" coa que funcionan outros partidos, en clara alusión a Podemos, que denominan "círculos" que en verdade, para Caballero, esconden estruturas "xerárquicas".

MUNICIPAIS DE 2019

Caballero puxo as eleccións municipais previstas para 2019 como primeiro reto en horizonte desta nova etapa do socialismo en Galicia. Nestes comicios, o vigués instou aos cargos e aos militantes a ser capaces de lembrar á cidadanía "a capacidade de goberno" que o partido demostrou "ao longo da historia".

Ademais, continuou, o socialismo debe "dicir á cidadanía" que constitúen a "mellor opción" fronte á dereita do PP e á "demagoxia e a ineficacia" da esquerda, en referencia as 'mareas' que gobernan cidades como Santiago, A Coruña ou Ferrol.

"TODO SOMOS NECESARIOS"

"Acertaremos e fallaremos. Hai que entender que o PSdeG o construímos entre todos. Hoxe tócanos a nós, despois virán outros", remarcou, para logo instar a "aproveitar este tempo" para "construír país" e facer do partido un proxecto "ilusionante".

"Todos somos necesarios, máis descontentos ou menos. Pero hai que entender que todos somos instrumentos ao servizo dunha causa: o cumprimento co interese xeral dunha cidadanía galega que nos está esperando", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

13 Nexus 6

Pues creo que lo tiene complicado. La única forma de sacar al PP de la Xunta es liarse con los nazionalistas del BNGÉ y con las Mareas, en las que conviven nazionalistas y comunistas, que como todo el mundo sabe, representan postulados ideológicos antagónicos y que sólo se soportan por un déjame a mí ese cargo. La verdad, no creo que estos últimos de las Mareas, compartan la cuadra durante mucho tiempo. Respecto al BNGÉ, ya veo a los nazios exigiendo la República Jalleja, la inmersión lingüística obligatoria y hacerse amigos de sus coleguis de Bildu. No sé si el PSOE tragará ese sapo. Si no lo hace no gana y si lo hace...tampoco. Tenemos PP para rato.

12 Gamela

Velaí o músculo que precisa Galicia ! https://twitter.com/Gamela2017/stat...

11 pesoideros

Como están facendo nas ruas de catalunñas indo da mao de fascistas e de ladrons... que merderio e que estafadores son toda ista tropa ... a quen pretendes engañar adoradores de expaña, adoradores do ladroecio capitalista e adoradores da monoarquia bobonica...

10 Filomeno

Hoxe o fascio marchou sobre Barcelona. Alí estaba o PsoE, con Borell de oficiante, da man do PP e de Ciudadanos, acompañado de excelentes persoas e mellores seres humanos de Somatemps, Plataforma x Catalunya, Falange Española de las JONS, Generación Identitaria, Vox, Falange Auténtica, Som Identitaris, e o grupo Los de Artós. O auténtico fascismo marchou sobre Barcelona! De ganchete con eles o PsC-PsoE! Non sabemos se o BNG, coaligados e amamantados do fascista PsoE, e as Mareas de Podemos, que tamén queren chupar da teta pequena, van seguir o ideario fascista do PsoE ou van romper amarras co fascio? Todo pola pasta?

9 XanKaraLlás

En Galicia tiña que gobernar a Marea. Nas mans dos galegos está o deixar de seren monicreques. Menos deixármonos manipular como peleles polos franquistas de mer da e máis aprendermos a votar, carallo.

1 xacobe

A Marea dis. Pero cal delas?

2 Lozano & Lores SLU

A Marea de Podemos, a oficial, a de Pablo Iglesias, a de Bescansa a galega-española exemplar, a que desde Madrid manda e ordeña: caso Rioboó, cando obedeces douche de comer e se criticas vas fóra, a que cando Podem se autodetermina desde Madrid aplícanlle o 155, igual que o PPsoE e os neofascistas de Ciudadanos.... Como ousan dicer que recoñecen o dereito a autoderminación dos pobos cando non aceitan nin o dereito á autonomía da sección de Podemos en Cataluña? Espinar e Monedero, dúas perlas ben acariñadas polo capital e a especulación, xa o dixeron : en Podemos somos PATRIOTAS españois!!!! Igual de vendidos que o BNG que pacta co PsoE, grupo de dereitas e fascistoide, para encher a barriga dos mantidos nos gobernos dos concellos e deputacións clientelares. Babosos!

3 Lozano & Lores SLU

Repito: as Mareas de Podemos están amortizadas, Podemos queimado para os que apostamos polo cambio. É centralismo madrileño disfrazado de progresía, e Pablo Iglesias o novo farsante estilo Felipe Gonzalez. Un calculador, maniobreiro, acomodaticio e perigoso por mentirán. Non hai decencia, os de Podemos non entenderon nada: Cataluya, País Basco, Pais Valencia, Nafarroa, Baleares e Galiza foron os que apostaron por Podemos, os que votaron Podemos en maior número, foron as nación históricas quen acreditaron que Podemos recoñecía a plurinacionalidade e o dereito a decidir, que superaba o conflito territorial da España franquista e da monarquía borbónica, que creron noutra política posible fóra dfos partidos do sistema e os seis cómplices (como o BNG co PsoE), e somos os que agora miramos como Podemos TAMEN é españolismo esencialista. Lixo españolista que se concentra no embigo madrileño. Noxo!