Convocadas manifestacións en Galicia en solidariedade cos membros do Govern catalán en prisión

O lema é "Democracia e liberdade: contra o golpe de Estado do 155 e polo dereito de autodeterminación".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/11/2017 | Actualizada ás 21:03

Comparte esta noticia

O auto de prisión para nove políticos que foron membros do Govern de Cataluña antes de seren destituído polo Goberno central causou este xoves unha marea de mensaxes de solidariedade con eles dende Galicia. Unha solidariedade que se quere traducir en manifestación viva do pobo galego nas rúas este venres.

Galegos no referendo de independencia de Cataluña
Galegos no referendo de independencia de Cataluña | Fonte: Miguel Nuñez

Co lema "Democracia e liberdade: contra o golpe de Estado do 155 e polo dereito de autodeterminación", distintas forzas políticas e colectivos nacionalistas do país chaman aos galegos a particicipar nas concentracións convocadas ás 20.00 horas deste venres nas principais cidades galegas.

Os lugares elixidos son: Vigo (Farola de Príncipe), A Coruña (Subdelegación do Goberno), Santiago de Compostela (Praza do Toural), Ferrol (Praza Amada García), Lugo (Subdelegación do Goberno), Pontevedra (Praza da Peregrina) e Ourense (Subdelegación do Goberno).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

1 Nexus 6

Bueno irán los de siempre. Los acostumbrados a berrear por las calles, a morder policías, a quemar cajeros, a insultar a los que disienten, a romper escaparates, a dejar las litronas por las calles y las meadas correspondientes... Son pocos y cobardes pero muy ruidosos

1 Boskov

Fútbol es fútbol!

2 Viriato

Nexus, creo que estás muito errado, a chusma de Nuevas Generaciones do PP, que tão bem descreves na tua mensagem, não creio que vaiam a esses actos.

3 Luis ferrolán do pisco

NEXUS...cada vez que Uds hablan....expulsan a un catalán de España....... Uds. siempre tan patriotas y con el insulto en la boca....