TokApp, tecnoloxía galega de mensaxería directa

ABANCA apoia o proxecto desta start-up tecnolóxica que desenvolveu unha plataforma de mensaxería directa para empresas, institucións e asociacións que utilizan máis de 500.000 usuarios.

Por GC Emprende | A Coruña | 03/11/2017 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Galicia conta cunha gran plataforma de mensaxería directa. Trátase de TokApp, unha start-up galega creada en 2013 que desenvolveu unha potente e eficaz plataforma de mensaxería instantánea para que as empresas, institucións e asociacións teñan unha comunicación directa con todos os seus integrantes. 

Start-up tecnolóxica galega TokApp
Start-up tecnolóxica galega TokApp | Fonte: Abanca

A aplicación, que conta actualmente con máis de 500.000 usuarios e está presente en 10 países, permite o envío de mensaxes ilimitadas (sen tope de caracteres nin de arquivos), coas funcionalidades de confirmación de lectura, rápida posta en marcha (o servizo ponse en funcionamento en cuestión de minutos), acceso desde calquera dispositivo con acceso a internet, e seguridade (máxima privacidade dos datos).

Unha das solucións de TokApp máis estendidas é TokApp School, unha aplicación que posibilita a comunicación de profesores e centros educativos con pais e alumnos mediante mensaxería instantánea ilimitada, o que permite aforrar tempo e diñeiro ao prescindir das cartas e circulares. Así mesmo, esta app tamén preserva os datos persoais de pais, alumnos e profesores, polo que non é necesario revelar o número de teléfono para rexistrarse.

Financiamento

ABANCA xa  entrou a formar parte deste proxecto co obxectivo de acelerar a súa estratexia de negocio e crecemento. O apoio da entidade financeira galega a esta empresa emerxente canalízase a través do programa de aceleración ABANCA Innova, creado para impulsar o desenvolvemento das novas tecnoloxías en Galicia.

Usuarios de teléfonos móviles
Usuarios de teléfonos móviles

Segundo informa nun comunicado, o banco achega financiamento a TokApp a través dun préstamo participativo convertible, de acordo á modalidade de investimento de ABANCA Invest. "Esta operación de financiamento faise efectiva tras varios meses de traballo conxunto entre ambas as partes no ámbito da innovación, un labor que permitiu identificar potenciais sinerxias para dar servizo e ofrecer solucións aos clientes e usuarios de TokApp”, apunta. ABANCA seguirá acompañando este proxecto empresarial durante a súa etapa de crecemento e valorará novas vías de apoio a medio prazo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta