“A velocidade de propagación do lume nun eucaliptal é un 50% máis rápida ca nunha carballeira”

O presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, Serafín González, explica científicamente, con datos e estatísticas, as verdadeiras causas dun incendio forestal. En situación de vento, seca e baixa humidade as faíscas poden prender novos focos simultáneamente ata 3 quilómetros de distancia.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 04/11/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Trama incendiaria. Organización criminal e organizada. Pirómanos pagados... Ata agora son moitas e moi diversas as explicacións que se están dando para entender quen prende os lumes ou como arden os nosos montes. Pero, polo momento, non hai patróns comúns de comportamentos. Tras a vaga de lumes deste outubro, o presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, Serafín González, científico no CSIC, aporta datos moi interesantes sobre a orixe e a propagación das lapas na última onde incendiaria.

Lume en Pazos de Borbén, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Lume en Pazos de Borbén, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

Nunha charla este venres na Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago, convidado pola Delegación de Alumnado do centro, González fixo unha comparativa da velocidade de propagación do lume en tres tipos de masas forestais, “ben mantidas e conservadas”: unha carballeira, un piñeiral e un eucaliptal. No caso da carballeira, a velocidade de propagación en condicións normais é, segundo explicou, de 10 metros por minuto; no piñeiral, esta cifra aumenta a 12 metros por minuto, un 20% máis; e no caso do eucaliptal, “igual de ben coidado e xestionado” a velocidade increméntase ata os 15 metros por minuto.

“É dicir, a velocidade de propagación do lume nun eucaliptal é un 50% máis rápida ca nunha carballeira”, recalcou o experto, ao que engadiu que “mesmo nas condicións máis favorables” un lume nun eucaliptal pode xerar focos secundarios a 400 metros de distancia”.

E en malas condicións?

E se isto pasa nas mellores condicións, que pode chegar a acontecer nas peores, nunha masa de eucaliptal moi densa e mal mantida?. Segundo expuxo o investigador, autor de máis de 60 artigos en revistas científicas sobre incendios forestais, en condicións negativas os focos secundarios esténdense a case un quilómetro de distancia e, se o vento axuda, esta cifra pode subir ata os tres quilómetros.

Lapas en Zamáns (Vigo), en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Lapas en Zamáns (Vigo), en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

Isto explica, segundo dixo,  que cando hai lumes de copa nos eucaliptais os focos se multipliquen a gran velocidade e, a máis intensidade do lume, máis focos e ata distancias maiores. “Cando pasa isto a xente comeza a dicir que anda alguén no monte prendendo lume, pero non, estes lumes poden saltar, esas faiscas incandescentes provocan múltiples lumes secundarios tanto preto como lonxe do foco inicial”, subliñou González.

Arder 60 metros por minuto

“Se nunha carballeira ben mantida a velocidade de propagación do lume é de 10 metros por minuto, nun eucaliptal mal mantido, no que non se teñen realizado os rareos oportunos, esta cifra pode dispararse ata os 50 ou 60 metros por minuto, cinco veces máis rápido ca na carballeira e, ademais, xerando focos secundarios ata case a tres quilómetros de distancia”, recalcou o investigador, ao tempo que apuntou que “isto é o que explica porque os incendios da provincia de Pontevedra son máis perigosos para as persoas ca os do resto da comunidade”.

Falta de vontade política para solucionar este problema

Con respecto á pregunta de se detrás da vaga de lumes -a de hai quince días, a de 2006 ou calquera outra anterior- pode haber unha conspiración incendiaria, Serafín González, insiste en que “non hai ningunha proba de que iso exista. Galicia leva sufrindo lumes reiterados desde hai moitos anos e estou seguro de que de haber algunha trama sería imposible que pasase desapercibida no mundo rural galego”.

Detrás, baixo o seu punto de vista, hai múltiples e moi variadas causas, entre as máis importantes, “unha terrible falta de vontade política para superar este problema”. Neste senso, non dubidou en afirmar que “en Galicia o 90% dos incendios son causados pola man do home” e “hoxe, igual ca no pasado, os incendios seguen a ser unha arma de ataque entre partidos”.

Serafín González, presidente da Sociedade de Historia Natural
Serafín González, presidente da Sociedade de Historia Natural | Fonte: Duvi
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

7 Eu mesmo

Eu troncei centos de crias de eucaliptos. Non me arrepinto. Quedeime curto. É unha praga grazas a uns políticos miopes que lle fan o xogo a unha industria de enclave, ENCE nomeadamente, que a diferenza doutros países, nen siquera pecha o ciclo de produción. Non hai nin só unha fabrica de papel en Galicia. A plusvalía marcha ao exterior do país. Despois falaredes das empresas catalanas que mudan o domicilio social!!!

1 Isolino

Un delincuente presumindo dos seus delitos. Menos falar e máis traballar. Cando saias do talego por esnaquizar propiedades alleas espero que montes esa fábrica de papel que dis. Pidele pasta aos teus amigos Pontona, Ana Miranda, Lobeira e Mejuto, que cos sueldazos que teñen seguro que che poden prestar algo

2 Eu mesmo

A pasta en Galicia está nas mans dos teus amigos corruPPtos, como Del Alamo no consello de administración de Ence e os grandes sueldazos nas mas de xetiña sen currículo coma Cuco Fernández de Mesa no consello de Red Eléctrica. Por certo, antes de falar de Ana Miranda, lava a bozaca esa que tés, e compara co pepepiro Francisco Millán Món, o máis vago de todos, émulo de Rajoy e a súa tumbona.

3 por curiosidade

e loghe ti quen ves sendo pa meterte dentro da miña propiedade??

4 Isolino

Corruptos no PP e tamén no BNG cos vosos amigos Rey e Dorribo. Outra cousa é que non tengades mais poltronas porque ninguen os vota

5 Eu mesmo

Qué ben escribes!!!. É unha auténtica ousadía a comparación. Coma si fose o mesmo un catarro que o ébola. O teu chámase fanatismo, hooliganismo ou, simplesmente, cosmopaletismo. Mais non te deprimas. Ten remedio. Lé e deixa de ver as tertulias de 13TV e de escoitar a Herrena na Cope. Mira a CNN ou a BBC...

6 anonimo

E os nenos, por que non poden eles polo menos ter paz? E un neno pequeno por Deus! https://twitter.com/Berlustinho/sta...

5 Jimena en Camelot

http://www.elnacional.cat/es/politi... En fin, a ver dádesvos conta de coma esta a repercutir isto na nosa economía tan dependente do turismo? Por favor, non podemos buscar unha solución entre todos?

4 Sesese

Xa vin alguhna plantacion nova con eucaliptos tronzaos grazas a esos que lle votan a culpa dos lumes que provocan unhs desgraciados. O eucalipto da a gañar unhs cartos a xente das aldeas. E mais bonito ver por aqui pola coruña como donde antes habia "maleza" agora con tanto debroce so hai disos plumachos da pampa. Preciosos

1 Sisisi

Tamén a droga, a prostitución e a venda de armas dan cartos.

2 Elisenda en Camelot

A xente das aldeas, entre as que me encontro, non somos unha totalidade anónima para que ti nos utilices. Somos cidadáns e cidadás que temos opinións propias, a maioría poden coincidir contigo admítoo, pero hai unha minoría moi activa que non. Desa minoría depende o noso futuro. E crédeme están a innovar continuamente e a buscar rendemento ao monte galego. Mágoa que non lles deades voz. Non sei e es de aldea ou non. A min non me metas no teu grupo. Si ao monte sostible, si á Galicia do futuro. E que non vedes a marabilla da Ribeira Sacra exportando viño de calidade ou conseguindo ser visitada por tantos viaxeiros. Ese é o futuro, non o voso de eucaliptos. Se polo menos trouxésedes algún koala e/ou canguros inda nos podiamos facer a idea de que estabamos en Australia.

3 Sesese

Pois nada a plantar carballos. A ver despois quen se fai cargo do monte. Un pariente ten en venda un monte de aprox 5 ferraos . Si a alguién lle interesa plantar carballos e limpalo todos los anos , xa sabes, esta barato

4 Elisenda en Camelot

Grazas pero eu xa teño. Mellor que lle digas ao teu parente que reclame outra politica forestal que poña en valor o monte. De todos os xeitos eu plantaria castiñeiros hibridos porque medran mais rapido. Se ten o monte cerrado pode ter cabras ou un cabalo co cal xa non teria practicamente que rozar. Se tivesemos unha politica forestal coma a que eu propoño poderia alugalo a traves dun banco de terras eficiente.

5 Elisenda en Camelot

A parte que ferrados de onde porque xa sabes que e unha medida anterior ao sistema metrico decimal e varia de concello en concello. Te me da a mi que tu mesmito de laldea no me vienes siendo.

6 Sesese

Un ferrado na miña terra son 444m2 Voulle dicir a o meu pariente de casi 80 anos que merque unhs cabalos para o monte. Asi aparte do monte tamen ten que coidar das bestas.

3 Elisenda en Camelot

Keep calm: o tripartito (PPPSOElosderivera) xa resolverá isto e todos os problemas.