Por que o éuscaro aumenta en falantes e cae o galego?

Txerra Rodríguez, sociológo vasco, destaca a experiencia de 30 anos de normalización en Álava. Di que a situación que se vive en Galicia é a inversa da que existe en calquera dos territorios de Euskal Herria, onde os mozos menores de 18 anos son os principais falantes do idioma autóctono.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 05/11/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

No ano 1981 o número de falantes en éuscaro en Álava non chegaba ao 5%, hoxe, case corenta anos despois, esta cifra sitúase por enriba do 30%. Unhas cifras que se invirten no caso galego. Aquí, hai 35 anos, os falantes superaban o 60% e hoxe non chegan ao 40%. Cales son os principais factores que motivaron este ascenso constante en Euskadi?

Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua
Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua | Fonte: queremosgalego.com

Txerra Rodríguez, sociólogo e membro da coordinadora de servizos lingüísticos e culturais EMUN, iniciativa posta en marcha a finais dos 90 coa normalización da situación do éuscaro como principal misión, destacou como en 40 anos de normalización e revitalización lingüística, desde as institucións pero –sobre todo- desde o tecido social e asociativo, conseguiron pasar en concellos de Álava dun 0% a un 40% de falantes actuais.

Convidado polo Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo, Txerra Rodríguez defendeu que “a revitalización lingüística é posible”, pero para conseguilo deben conxugarse tres factores “fundamentais e profundamente entrelazados entre eles”: a educación, os movementos sociais e o apoio da propia administración pública. 

No que respecta a educación, Rodríguez resaltou a importancia que tivo en todo este proceso o modelo de inserción lingüística en éuscaro, traballo que se viu reforzado por todas as actividades realizadas a favor da lingua desde os movementos sociais alaveses e, sobre todo nos últimos sete ou oito anos, por todo o apoio técnico da propia administración, que era algo que tamén se viña reivindicando dende hai anos por todos os movementos sociais a favor da lingua. “Son tres eidos que están absolutamente relacionados e que deron e que seguirán dando, xa que todo isto aínda está en proceso, moitos máis froitos importantes”, recalcou o experto.

A importancia das ikastolas

Tradutor de Martin Codax ao euskera, Txerra Rodríguez lembrou na súa visita a Vigo o importante papel que tiveron en todo este proceso de normalización o nacemento das ikastolas, “as primeiras escolas de inmersión lingüística creadas en pleno franquismo de xeito ilegal e nas que as nais e os pais fixeron un tremendo esforzo por matricular alí aos seus fillos”. 

O sociolingüista vasco Txerra Rodríguez
O sociolingüista vasco Txerra Rodríguez | Fonte: Duvi

Despois, chegou a transición e, con ela, as primeiras escolas públicas que apostaron por este modelo de inmersión e “así ata hoxe, no que este modelo é o principal e no que están matriculados máis nenos e nenas desde 0 ata 18 anos”. En todo este proceso de revitalización da lingua tampouco faltaron, lembrou o experto, detractores, sobre todo nas décadas de 1980 e 1990, pero, “afortunadamente, hoxe en día todo iso está bastante superado e as medidas a favor do éuscaro chegan desde todos os ámbitos e partidos políticos”, recalcou Rodríguez.

Respecto a Galicia:“A tendencia cara o futuro non semella moi positiva”

Con respecto ao caso galego, o sociolingüista vasco considera que nestes intres a situación que se vive en Galicia é a inversa da que se vive en calquera dos territorios de Euskal Herria, onde os menores de 18 anos son os principais falantes do éuscaro. “O uso e o coñecemento do galego é moito máis amplo que alí, pero non sei ata cando se vai poder manter, xa que todo isto non deixa de ser un proceso social de xeracións”, recalcou Rodríguez, ao tempo que incidiu na idea de que alí se vive unha época de revitalización, mentres que en Galicia a situación é de retroceso, “pero, aínda así, penso que a situación galega segue sendo moito mellor ca vasca, se ben, a tendencia cara o futuro non semella moi positiva”.

Á pregunta de se ve viable trasladar o modelo vasco a Galicia, o experto teno claro, o máis recomendable é que “cada pobo, vila ou incluso aldea ten que buscar o seu propio modelo, que, por suposto, debe estar dentro dunha política máis xeral”. Todo, segundo o seu punto de vista, debería pasar por mirar cara outros lugares que saíu ben e tentar adaptalo as características propias de Galicia. “Seguramente haberá moitas cousas que se fixeron alí que tamén se poderían implantar aquí e outras que non se poidan facer ou que igual hai que facelas de outra maneira, porque ao final é un proceso intrínseco no que hai que mirar que se fixo fóra, traelo e adaptalo ás características propias de cada territorio”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 38 comentarios

16 LUIS FERROLAN DO PISCO

culpa de o recular da lingua, a teñen con alevosía os académicos da R A Gallega, pois en vez de crear unha gramática acorde a fonética e a prosódia da lingua para facer unha correta sintaxis , estes académicos prefieren copiar a gramática e o sintaxis castelán ,desvirtuando o galego.Xunto co a RAGallega , outra labor destrutora a fai a tele-jaita con os seus programas terceiromundistas , nojentos e acomplexados ,mais grave todo esto que o moi falado complexo de gañan patrio. tamben os jornales escritos en castlan como La Voz oa intercalar algumas verbas en galego contribue grandemente a destrucción da fala.

15 Anti..

Hai a mesma diferenza entre o ingles de Norteamérica, Australia, etc, etc, que entre o galego e os paises dos cinco continentes no que se mantén viva. Eu estiven en todos co meu galego, non lingua nai senón do pai e de tódolos meus antergos.

1 GJ6r

Non tes idea do que falas.

14 Isolino Cahchafeiro

Porque os galegos obedecen ó BNG que di que o verdadeiro galego e o purtujés.

13 Eu que sei

So hai que ler os comentarios, para entender porque en Euskadi avanza a lingua, e en Galiza esvaece. Chámase "autonoxo". En Euskadi, quérense. E esto non só pasa coa lingua. En xeral odiamos a nosa terra. Quen querendo a súa terra a invade de eucaliptos? Quen querendo a súa terra se alegra do que ocurriu co prestige, e pide un prestige cada ano? (eso oino eu da boca dun mariñeiro de Muxia). Malos tempos para a lírica....

12 Anti...

O galego non se esvaerá xamais, poda ser que ocorra na galiza mais inda fican millóns de persoas no mundo que falan a variante portuguesa. A que lle gostaria que iso pasase porque significa atraso e que non me coñeceu a min nin

1 Meteopolocu

O portugués non é unha "variante" é unha lingua, e o galego outra. Pra ter centos de millóns de falantes, antes exterminou outras linguas, ese modelo colonial non o quero.