Apego, un proxecto para que os nenos mamen xa o galego desde o berce

Xa son 30 os concellos participantes neste proxecto ao que nos últimos meses se lle outorgou o Premio Rosalía de Castro de iniciativas normalizadoras da Deputación da Coruña e mais o Premio da Cultura Galega da Xunta de Galicia na modalidade de Lingua.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 08/11/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Apego, o proxecto de socialización da infancia en galego colle músculo. Despois dos primeiros dous anos e medio de vida deste proxecto dirixido a poñer en valor a transmisión da lingua galega aos nenos e nenas e a facilitala con apoio, información, recursos ou programación de actividades, sumáronse recentemente sete aos 23 concellos que o estaban a desenvolver. 

Nenos nunha protesta de Queremos Galego
Nenos nunha protesta de Queremos Galego | Fonte: Wsobchak

Deste xeito, o proxecto Apego chega agora a unha poboación que supera os 1.300.000 habitantes (aproximadamente a metade da do país), entre a que está a das sete cidades galegas e das principais áreas urbanas, onde máis cómpre incentivar e facilitar a socialización en galego da infancia.

O proxecto Apego naceu para incentivar e facilitar a socialización en galego das nenas e dos nenos desde a primeira infancia, e o traballo, que cómpre fortalecer para ese obxectivo, está sendo recoñecido, algo que desde a organización agradecemos e polo que, ademais, felicitamos a toda a comunidade Apego, pois nos últimos meses outorgáronselle os dous máis importantes premios a iniciativas normalizadoras que hai no país: o Premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña e o Premio da Cultura Galega da Xunta de Galicia, na modalidade de Lingua.

Nun comunicado, os servizos de normalización lingüística (SNL) fan unha avaliación moi positiva do programa, tanto pola acollida ata o momento, como polo número de familias directamente implicadas –xa están adheridas formalmente máis de 2.500–, polos recursos creados, pola participación nas actividades e polos resultados que se van percibindo.

Comezar co galego desde o berce

“Apego é un proxecto de dinamización sociolingüística que procura incrementar a porcentaxe de nenos e nenas que reciben o galego desde o berce e arroupar o seu uso no proceso de socialización ata os 6 anos”, apunta  a entidade. Para ese proceso de incentivar, favorecer e colaborar na socialización en galego da infancia, a través do programa facilítanselles ás familias materiais, tanto físicos (unha caixa de benvida cunha mantiña-apego, un álbum de primeiras experiencias, un libro informativo sobre transmisión lingüística e crianza, un adhesivo, un medidor, un disco de música infantil en galego de diferentes grupos e estilos, etc.) coma virtuais, con propostas de cancións, xogos, etc., a través do sitio web www.apego.gal, ou da serie de vídeos na rede en que o polbo Po lles ensina ás nenas e aos nenos cousas como xogos para aprender as partes do corpo, atar os cordóns, facer galletas en familia, etc.

Ademais de facilitar materias, a través do programa tamén se procura crear espazos de socialización en galego, para o que se levan desenvolvidas xa máis de 400 actividades, nuns casos formativas e máis dirixidas a nais e pais (charlas, obradoiros, etc.), e noutros casos máis de dinamización, dirixidas tamén aos nenos e ás nenas (concertos, contacontos, teatro, etc.). E neste 2017 deseñaranse e desenvolveranse novas accións no marco deste programa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Norespetoestaaliberdade

Porque hai tanto rencor ou odio a unha cultura que é de todos? Porque uns creense millor cos outros? No respetó está a liberdade. (Porque hay tanto rencor u nodio por una cultura que es de todos? Porque unos se creen mejor que otros? En el respeto está la libertad.

2 Valdeorras Nazón

Un novo negocio para o chiringuito da lingua galega. Canto costa o bussiness?

1 xandocan

Do que estamos fartos é do chiringuito da lingua española, con profesores do Cervantes cobrando 15 mil euros ao mes, edificios alugados que costan 100 mil e vivendas para os directores con precios desorbitados, por non falar da Real Academia e mais mamadurrias, xa vale de ciscar porquería porque os españolistos sodes os que estades emporcados ata o curuto

1 anonimo

Rosalía... El paradigma de la fealdad extrema, que puede turbar a quienes padezcan cacofobia. Pues nada, todos contentos.