Temas: CAN XUNTA

Galicia conta con 14.125 cans potencialmente perigosos no rexistro autonómico

Medio Ambiente asegura que aplica con "contundencia" a lei e recoñece que hai denuncias sobre venda irregular en plataformas de internet

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2017 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

O Rexistro galego de identificación de animais de compañía (Regiac) contabiliza un total de 14.125 cans potencialmente perigosos. En total, existen 490.601 animais inscritos neste rexistro.

Cans abandonados
Cans abandonados | Fonte: Europa Press.

Os datos, facilitados pola Xunta a Europa Press, son os últimos dispoñibles e relativos a 2016, ano en que se rexistraron 428 infraccións por parte de donos de cans que xeraron 147 sancións por valor de 512.524,66 euros, aínda que desde entón cambiou a normativa (a última aprobada é de outubro deste ano).

Fai este sábado xusto unha semana, dous cans de raza potencialmente perigosa --cruzamento de dogo de Bordeus con bóxer-- atacaron gravemente a unha muller de 82 anos na localidade pontevedresa de Covelo. Neste caso, o animal nin sequera figura no rexistro, non estaba debidamente identificado e non consta que teña seguro de responsabilidade civil, características ás que obriga a lei vixente.

Días despois, no tamén pontevedrés municipio de Mos, unha muller de 76 anos foi atacada na súa casa, propiedade do seu fillo. No entanto, neste caso o can si contaba con microchip aínda que a titularidade do can aínda non fora transferida do anterior dono ao actual.

Respecto diso, e a preguntas de Europa Press, a Consellería de Medio Ambiente, que dirixe Beatriz Mato, indicou que "non consta que se presentase denuncia" e engadiu que a Xunta "actúa abrindo o correspondente expediente, unha vez que o órgano instrutor (neste caso a Garda Civil) dea traslado sobre os feitos e infraccións imputables".

Precisamente, este mesmo venres finalizaron as dilixencias de coñecemento que realizou a Garda Civil, as cales foron remitidas ao xulgado nesa mesma xornada, aínda que non se practicaron as seguintes actuacións, segundo as fontes consultadas por Europa Press.

"CON TOTAL CONTUNDENCIA"

Doutra banda, a Consellería de Medio Ambiente defendeu que aplica a lei "con total contundencia e imparcialidade" e, nesta liña, referiuse ás sancións que impuxo no ano 2016, último dato completo dispoñible.

En canto ao control e inspeccións, este departamento autonómico sinalou que, sobre os cans non rexistrados (potencialmente perigosos ou non), "deberá ser realizado necesariamente 'in situ' após detectar a presenza do animal" e significou que hai que ter en conta que "se trata de animais dos que non hai constancia", por iso é polo que tamén xogue un papel relevante a denuncia dun terceiro.

Medio Ambiente recoñeceu que "se recibiron denuncias relacionadas coa venda irregular de animais, en ocasións a través de plataformas ou de internet", como denunciou recentemente a asociación animalista Libera!.

Con todo, a consellería matizou que as infraccións "se derivan do incumprimento sobre os requisitos de cría e venda" e "non por implicar animais considerados potencialmente perigosos".

Temas: CAN XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 PedroGL

Es una pena que ocurran estas cosas por culpa de dueños inconscientes. Menos mal que con los gatos esto no pasa.