Temas: VIGO MARCO ARTE

Iñaki Martínez Antelo despídese como director do MARCO de Vigo

O que foi máximo responsable do Museo de Arte Contemporánea de Vigo nos últimos doce anos envía a súa última mensaxe como director desta institución.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 14/11/2017 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

Hai once meses, Iñaki Martínez Antelo transmitiu ao Padroado da Fundación Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) a súa vontade de non renovar o seu contrato de dirección. Agora, chegou o momento da despedida.

Iñaki Martínez Antelo
Iñaki Martínez Antelo | Fonte: Facebook.

Dende a conta da Secretaría do MARCO, Martínez Antelo distribuíu un correo electrónico no que se despide como máximo responsable desta institución cultural, que dirixiu dende o 18 de novembro de 2005.

A súa decisión de non renovar xa avanzou hai case un ano que se debe a aos recortes sufridos no MARCO e a necesidade dunha renovación.

Na súa nova misiva, a última como director deste museo, enviada este martes, comunica:

Dende este momento deixo o MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, tras doce intensos anos de ter dirixido esta institución, que tantas satisfaccións me deu. Se recibes este correo, é porque nalgún momento colaboraches connosco. Quería transmitirche o meu máis sincero agradecemento por teres formado parte deste proxecto que foi de todos, do meu equipo, da Agrupación de Amigos do MARCO e de todas as persoas que viñestes colaborando connosco ou nos viñestes visitar.

A partir de agora poderás localizarme no meu correo persoal inakimartinezantelo@gmail.com.

Unha forte aperta!

Iñaki Martínez Antelo.

Temas: VIGO MARCO ARTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta