A TVG suspende os informativos locais

O PPdeG toma unha decisión que convulsiona o sistema mediático galego e que pode estar detrás dalgúns cambios de liña editorial nos últimos tempos.

Por Walter Burns | O Irixo | 30/11/2010 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia

Nunha manobra que colleu por sorpresa aos traballadores, a CRTVG deu por finalizado as contratas dos informativos locais hoxe polo mañá. Estes programas eran xestionados polas produtoras privadas filiais dos diferentes xornais de Galicia nas sete cidades, salvo en Santiago de Compostela.

None

Segundo fontes do cadro de persoal, a empresa pública eliminará temporalmente as desconexións da Coruña, Lugo, Ourense, Ferrol, Pontevedra, Vigo e mesmo Santiago, malia que esta última era operada polo propio ente.

As produtoras entregaron hoxe por sorpresa ducias de cartas de despedimento nas seis cidades, excepto na capital de Galicia. As mesmas fontes apuntan que as delegacións de Madrid e Bruxelas continuarán, polo menos durante algúns meses.

Zafan os 55 que xa teñen sentencia que os recoñece como traballadores do ente

Os traballadores das subcontratas que no pasado gañaran as denuncias ás produtoras por cesión ilegal de operarios á CRTVG zafaron polo de agora. Trátase duns 55 casos, informadores que estaban contratados polas filiais dos xornais (La Región, El Pogreso, La Voz, etc .) pero que en realidade seguían ordes en exclusiva da empresa pública.

None

A avalancha de sentencias por cesión ilegal de traballadores meteu á CRTVG nunha rúa sen saída. Malia o seu empeño de prolongar os preitos, a Compañía xa tivo que recoñecer como traballadores propios a esas 55 persoas. Ademais, a empresa pública está a gastar unha verdadeira fortuna nos recursos ante a Xustiza, que mesmo chegaron ao Tribunal Supremo, sen obter a penas sentenzas favorábeis.

Segundo fontes dos operarios, hai outros 37 profesionais que tamén denunciaron pero aínda non teñen sentencia firme. GC non confirmou aínda se este último grupo está afectado polos despedimentos, pero os traballadores apuntan a que o Ente retirá os recursos. En todo caso, é evidente que a Compañía está tratando de desprenderse do máximo número posible de informadores para evitar ter que recoñecer como propios aos operarios das subcontratas.

As mesmas fontes apuntan que a desaparición das delegacións de Pontevedra e Ferrol é definitiva. O resto pode recuperarse no futuro, suponse que en parte cos traballadores que a CRTVG está tendo que admitir como propios.

O PPdeG comeza a tentar reordenar o panorama mediático galego

Esta decisión supón un golpe da Xunta á economía de algúns xornais, sobre todo os máis pequenos como La Región (que operaba as delegacións de Ourense e Madrid), ou o Grupo Progreso, pois as subcontratas eran unha das súas vías máis firmes de financiamento. Ao fío disto, cómpre ter en conta que La Región leva varios meses aplicando un evidente cambio de liña editorial, agora crítica coa Xunta cando sempre foi un medio próximo ao PPdeG. La Voz e Faro tamén operaban delegacións.

Fontes do Consello de Administración da CRTVG aseguran que Alfonso Sánchez Izquierdo, ex-director da CRTVG, tomou esta decisión sen consultar cos vogais de BNG e PSdeG.

O cadro de persoal, dividido

En todo caso, os máis prexudicados son evidentemente os informadores que hoxe atopáronse de súpeto na rúa. O cadro de persoal da CRTVG, dividido polas circunstancias que afectan a cadaquén, non demostrou até o de agora a necesaria unidade de resposta sindical.

Vítimas dunha enorme precariedade, os traballadores lograron finalmente que se convocaran máis de 200 prazas de oposicións, paralizadas pola Xunta do PPdeG. Gran parte dos informadores rexeitan esta OPE, pois consideran que non cobre vacantes de abondo, e piden unha consolidación dos seus postos, postura que non é compartida polo Comité Intercentros (presidido pola CIG con membros de Comisións e UXT). A consolidación é defendida dende a CUT.

O peso da subcontratación no ente público aumentou con todos os gobernos. O Comité calcula que máis do 40% do orzamento da CRTVG vai para pagar as produtoras privadas, porcentaxe que aumentará o próximo ano. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 51 comentarios

15 Caillou

Cánto vale o silencio cómplice dos sindicatos? Cántas prazas na OPE? Nunca defenderon á xente das delegacións que se salvou gracias ás denuncias, logo de anos de explotación. Agora quedan na cuneta os máis vulnerables, os que non denunciaron se cadra porque non puideron. E ninguén os defenderá porque son doutra empresa non? Agora non haberá concentracións ás portas do parlamento,nin no hall de San Marcos. Os grandes temas son a OPE, o concurso de traslados e a externalización de Galegos polo mundo, eses sí que son dramas sociais que requiren a mobilización do sempre solidario comité.

1 ni vago ni maleante

concentración el viernes a las 5 en la difunta delegación de Pontevedra... Animaos a ir. Bueno, los del comité y allegados nos da lo mismo

14 Traballador da TVG

Para facernos unha idea da magnitude destes despedimentos encubertos, é como se en San Marcos botasen uns catrocentos traballadores. Ademais, foi todo feito de presa e mal, posto que os afectados tiñan que estar advertidos cun mes de antelación. Polo que, de entrada, os despedimentos son improcedentes. Por outra parte, fíxose todo de xeito precipitado, sen previo aviso, como nunha manobra orquestrada na sombra. Os traballadores afectados topáronse como nunha especie de rexistro policial na que gardas uniformados enviados dende San Marcos lles comunicaban, previa petición unilateral de identificación, quen podía acceder ás instalacións e quen non, en lugar de comunicalo pola vía ordinaria. Ou sexa, toda unha operación de dubidoso gusto, escasa consideración e nula cortesía, e xa non falemos de gratitude, na que se desfixeron de xeito covarde dos traballadores máis leais, máis expremidos e máis rendibles da compañía, con consecuencias que aínda están por calibrar.

1 Lobo

Non me dan moita pena, hai moitos "periodistas" que o unico que saben e lamber a man do poder, e agora este PPoder lles paga como se merecen como cipaios que son

13 Traballador da TVG

Para facernos unha idea da magnitude destes despedimentos encubertos, é como se en San Marcos botasen uns catrocentos traballadores. Ademais, foi todo feito de presa e mal, posto que os afectados tiñan que estar advertidos cun mes de antelación. Polo que, de entrada, os despedimentos son improcedentes. Por outra parte, fíxose todo de xeito precipitado, sen previo aviso, como nunha manobra orquestrada na sombra. Os traballadores afectados topáronse como nunha especie de rexistro policial na que gardas uniformados enviados dende San Marcos lles comunicaban, previa petición unilateral de identificación, quen podía acceder ás instalacións e quen non, en lugar de comunicalo pola vía ordinaria. Ou sexa, toda unha operación de dubidoso gusto, escasa consideración e nula cortesía, e xa non falemos de gratitude, na que se desfixeron de xeito covarde dos traballadores máis leais, máis expremidos e máis rendibles da compañía, con consecuencias que aínda están por calibrar.

12 Traballador da TVG

En resumo, isto é unha escabechina en toda regla, onde só os que se atreveron a denunciar a súa situación sobreviven a dñia de hoxe. E os que non, os cordeiros dóciles que, inexplicablemente, non demandaron, foron dereitiños ao matadoiro en agradecemento a dez, quince ou vinte anos de traballo levantado o país no que aos telexornais da Galega se refire. De feito, unha das despedidas, Crsitina Dorrío, mesmo foi delegada en Ourense e Redactora Xefa en San Marcos, ademais de ter doce anos de experiencia, pero non lles tremeu a man á hora de desentenderse dela.

1 Benito

Personalmente creo que es la situacion mas lamentable que se podia dar, tanto por los despidos, por el redito que pretendan sacar de una supuesta "buena accion", y por la futura gestion de los informativos. Y con lo de Dorrio me deja loco, vamos...

2 Traballador da TVG

E non só Dorrío. Son cincuenta persoas con nomes e apelidos, con cadansúas familias, cadanseus fillos, que realizaban os informativos locais, eses que facían esa información cercana aos cidadáns da que tanto se gababan os xestores da Galega e pola que dicían que apostaban. Xa vemos canto canto a valoraban.

11 Traballador da TVG

A situación é a seguinte: botaron a metade dos traballadores da delegación da Coruña, os oito de Ferrol van en bloque para a Coruña, os tres de Burela teñen que ir para Lugo, onde un montador ten que ir para a Coruña e outro para Vigo, despediron a metade de Ourense, onde outro montador ten que ir para Vigo, e botaron a metade dos traballadores de Pontevedra, onde a outra metade se traslada a Vigo, onde case quedaron sen operadores de vídeo. É dicir, botaron á rúa a metade do persoal, salvo no sector nororiental, nas delegacións de Ferrol, Burela e Lugo, onde os traballadores denunciaran a cesión ilegal xa hai catro anos.

1 ocastañal

Hai traballadores con demanda en vigor, eso quere decir que o xuiz ainda non dixo a última palabra. Polo tanto, eses traballadores están pendentes dunha sentenza que ainda os podería devolver ó seu travallo na crtvg