Retomar os servizos públicos privatizados é unha cuestión ideolóxica?

O exministro de Xustiza, o expresidente do Supremo e o catedrático Gonzalo Quintero critican a "febre remunicipalizadora" e defenden a colaboración público-privada

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/11/2017 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

É posible a convivencia entre os servizos públicos e os privados?. Poden as administracións locais remunicipalizar servizos públicos esenciais que están en mans privadas?. Trátase de medidas administrativas ou ideolóxicas?. O libro "Servicios públicos e ideología. El interés general en juego" tenta abordar esta difícil cuestión analizando a necesidade, ou non, de que as administracións volvan retomar o control de determinados servizos públicos.

Quintero, Asorey, Sala e Caamaño, en Santiago
Quintero, Asorey, Sala e Caamaño, en Santiago | Fonte: Europa Press

Unha situación que para o exministro de Xustiza Francisco Caamaño, o expresidente do Tribunal Supremo Pascual Sala e o catedrático de Dereito administrativo Gonzalo Quintero Olivares --algúns dos autores do libro-- non é o máis acertado "dependendo de que caso". Por iso,  advirten da "febre" de remunicipalización por motivos ideolóxicos.

Curiosamente, esta é a cuarta presentación do volume e a cuarta nunha das coñecidas alcaldías do cambio. Previamente estiveron en Barcelona, Madrid e Zaragoza. E é que para algúns sectores son, principalmente, os gobernos das mareas os que están tentando remucipalizar servizos que están en mans privadas. Con todo, estes expertos destacaron que a normativa europea non ampara as remunicipalizacións por motivos ideolóxicos.

Durante as súas intervencións, apostaron pola colaboración público-privada, unha fórmula "moi antiga", como modelo para a xestión de servizos públicos, sempre baixo unha boa supervisión pública. "Se esa función de vixilancia non é cumprida polo político de quenda e hai abandono de funcións, aí entra o papel do votante nunha democracia", expuxeron.

"FEBRE DE REMUNICIPALIZACIÓN"

Para o catedrático de Dereito administrativo Gonzalo Quintero Olivares, a "imaxe pública" que "demoniza a presenza do privado" responde a un "progresismo infantil e regresivo". Así, e ante a "febre de remunicipalización en España", para acabar cunha "especie de regalías" de administracións públicas "débiles ou corruptas", propuxo a aplicación da lexislación europea, que fixa "condicións" tanto para contratar un servizo público como para resolver un contrato.

Campaña a favor da remunicipalización
Campaña a favor da remunicipalización | Fonte: redpublica.com

Así mesmo, sinalou que comprende que haxa "inquietude" entre os sectores empresariais pola chamada á remunicipalización e suxeriu a necesidade de "incriminar" e expor sancións por determinadas prácticas, posto que unha concesión "mal dada" ou "mal retirada", na súa opinión, "pode ser delituosa".

"ESIXENCIAS EUROPEAS"

Pola súa banda, o e expresidente do Tribunal Supremo Pascual Sala lembrou que as directivas europeas que "esixen" unha motivación para remunicipalizar servizos, "en aras do interese xeral (que tradicionalmente se invocaba), pero tamén por razóns de eficiencia e eficacia".

Neste sentido, lembrou que a nova normativa establece unhas condicións para os pregos de contratación que, segundo dixo, poden ser utilizadas polas administracións públicas para facer "políticas sociais", ao vincular a concesión de servizos a unhas determinadas condicións laborais, por exemplo.

"EXTERNALIZAR NON É PRIVATIZAR"

Finalmente, Caamaño mostrou o seu rexeitamento a que un determinado xestor actúe con base en "prexuízos previos" para remunicipalizar un servizo. "Hai quen considera que externalizar equivale a privatizar", resaltou, para apuntar que isto é "un erro". Así, reivindicou a función supervisora das administracións, unha vez contratado o servizo, pero tamén as condicións impostas no momento de encargalo a unha compañía.

En ocasións, segundo expuxo, é "máis interesante" facer "boas políticas de xestión" a través das licitacións que "pretender ser o empresario do servizo". Neste sentido, avisou de que medidas tomadas "a treo", a longo prazo, poden desencadear en "rescates", de aí esta obra, para que "quen teñan que decidir, saiban que non hai unha cousa mellor que outra", e que este asunto debe ser estudado con profundidade, pois ten "consecuencias".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 fulg

Outro neocon do psoe, os votantes do psoe co tempo pasanse a vox, temos varios exemplos destacados, bueno e ideoloxico tirar con mais do 40% do importe da licitación? eu pensó que non, este 40% sae do IVE 21% e do beneficio empresarial, mais os agasallos para que se conceda esa licitación. O público sempre foi mais barato e mais eficiente, todos os servizos, sanidade, educación, pensións...un exemplo a auga municipal na miña parroquia mentras foi municipal pagaba 90 ptas. o mes o privatizala pasei a pagar 300 ptas o mes, por un servizo igual ou peor. E o tema de externalizar e unha falacia porque e o mesmo que privatizar con outro eufemismo. O dito porta xiratorias non xa!!!

2 xandocan

o que é ideoloxico e darllo a una emporesa privada, moitas veces amiga, para que saque un beneficio, se o publico está ben xestionado e non da perdas porque privatizalo?, a prova temola na sanidade e educación, funciona mellor a publica e é mais barata

1 A verdade

Ideolóxica e tamén de mangantes de esquerdas. Mentres a maioría do voto da dereita se centra en autónomos, pemes e empresas, xente que trata de prosperar polo seus méritos e vivir do seu traballo diario non hai máis que ver o que prolifera no sector público (deixando aparte educación e sanidade na que a maioría son bos traballadores) cheo de sindicalistas, funcionarietes de BBB (Baixas Bares e Bostezos) e demais lapas que só chuchan do que produce a sociedade productiva.

1 xandocan

Os mangantes son os que votan ao PP, enchufados da administración e das empresas que viven a conta dela, non van morder a man que lles da de comer, e tamen os subvencionados e os vellos que teñen medo que les quiten a pension