Temas: INCENDIOS LUMES

Os lumes chegan en pleno outono a un lugar nada habitual, a Mariña de Lugo

Activo un incendio en Ribadeo que xa queimou máis de 20 hectáreas e se aproximou a núcleos de poboación tal e como se pode ver nun vídeo. Tamén houbo grandes lumes en Xermade e Friol.

Por Galicia Confidencial | Ribadeo | 23/11/2017 | Actualizada ás 08:30

Comparte esta noticia

Os lumes chegan a lugares nos que, ata o de agora era moi raro, ou case excepcional ver grandes incendios. E chegan, ademais, en pleno outono, facendo aínda máis inusual esta situación. Así, as lapas seguen activas na localidade lucense de Ribadeo e queimaron xa, a últimas horas do mércores, unhas 20 hectáreas de monte arborado. 

Incendio en Ribadeo
Incendio en Ribadeo | Fonte: Youtube

Fontes da Consellería de Medio Rural informaron a Europa Press de que o lume empezou sobre as 15,37 horas na parroquia da Devesa e permanece activo. Traballan na súa extinción tres axentes, sete brigadas, cinco motobombas e unha pa.

O lume aproximouse, debido ao forte vento a núcleos habitados da Devesa, tal e como se pode ver neste vídeo:

Outros incendios en Xermade e Friol

As mesmas fontes informaron de que este mércores se rexistrou outro lume forestal na parroquia de Lousada, en Xermade, que quedou controlado ás 17,47 horas, despois de queimar 9 hectáreas de superficie rasa. Para facer fronte a este incendio mobilizáronse catro axentes, sete brigadas, sete motobombas e unha pa.

Por outra banda, un incendio rexistrado na parroquia de Vilafiz, en Friol (Lugo), calcinou 4 hectáreas de zona de árbores tamén este mércores, segundo confirmou a Consellería de Medio Rural. Fontes do departamento autonómico concretaron a Europa Press que o lume iniciouse ao redor das 16,11 horas deste mércores.

Temas: INCENDIOS LUMES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta