José Blanco, con “ganas de ir” á comisión de investigación de Angrois no Congreso

O ex-ministro de Fomento di que sempre defendeu "deixar falar aos xuíces antes de ir a comisións de investigacións", pero que agora é o momento de comparecer.

Por Galicia Confidencial | Bruxelas | 28/11/2017 | Actualizada ás 13:14

Comparte esta noticia

O ex-ministro de Fomento e actual europdeputado socialista José Blanco di ter "ganas de ir" á comisión de investigación creada no Congreso dos Deputados en Madrid sobre o accidente mortal do tren Alvia ocorrido o 24 de xullo de 2013 no barrio de Angrois, á entrada de Santiago de Compostela.

O eurodeputado do PSOE  José Blanco, nunhas xornadas en Madrid
O eurodeputado do PSOE José Blanco, nunhas xornadas en Madrid

Nun encontro no Parlamento Europeo de varios eurodeputados galegos e portugueses, Blanco, Blanco asegurou aos xornalistas que se non declarou antes foi "por coherencia polítca". "Con vinte anos como dirixente político do PSOE sempre defendín deixar falar aos xuíces antes de ir a comisións de investigacións. Pero agora, unha vez aprobada esta comisión, considero que teño que ir", defendeu o ex-ministro.

Neste sentido, incidiu: "Agora que hai unha comisión de investigación no Parlamento, teño ganas de ir".

Sobre o proceso xudicial aberto, tamén comenta que "serán as investigacións as que determinarán se houbo ou non responsabilidades políticas" no accidente, que se cobrou 80 mortos e 144 feridos.

Con todo, defendeu o seu labor como ministro de Fomento: "O que fixen foi garantir altos recursos para que a alta velocidade se executase en Galicia, como así se fixo", argüíu Blanco.

En decembro do 2011, cando exercía de ministro de Fomento en funcións, Blanco e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, inauguraron a liña de alta velocidade entre A Coruña, Santiago de Compostela e Ourense.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 Tartufoenprogrelandia

Tampouco é que nas outras comunidades gobernadas dende hai anos e anos polo PSOE (antes con IU e agora cos de Ribera) sexa moito mellor: http://www.elmundo.es/andalucia/201... http://sevilla.abc.es/andalucia/sev... Ese é o modelo que os "progresistas" pretendedes implantar en España... A ver, digo "progresistas", por dicir. O certo é que vos dedicades moitos a criticar a Feijoo obviando que hai comunidades nas que leva case séculos, perdón anos, gobernado o PSOE e están moito peor ca nós tanto no referente á educación coma a sanidade. Os datos están aí e o feito de que o modelo do PSOE andaluz é o que agora parece de moda.

1 Barbasdovizinho

Pois fixa-te nos territórios que tenhem os melhores índices de calidade de vida: País Basco, Navarra, Catalunha, Ilhas Baleares. As que prefirem forças políticas próprias, em vez de apostar por partidos da metrópole colonialista, como acontece na Galiza, onde 36 anos desde a chegada dos pepistasvivaespañayelibex, deixarom o país como um solar.

2 VNAC

No tienes ni idea. Cataluña y País Vasco son buenos lugares para los ricos. Por contaminiación del medio ambiente, falta de seguridad y altísimos precios de vivienda son de los peores lugares para vivir. Navarra e Islas Baleares tienen buenos indicadores, pero casualmente casi siempre gobernó el PP-UPN o el PSOE. Por cierto, la mejor Educación en Castilla y León o Madrid. Y para encontrar trabajo para gente joven, también Madrid gana por goleada. Por cierto, la etapa más negra de Galicia durante los últimos cuarenta años fue la del bipartito, que ya sabemos que terminó como el rosario de la aurora.

1 Carliños

Pepiño, o como vivir toda la vida de la política como un rajá, sin tener ni repajolera idea de nada.

1 Dalle que libras

Outro como Bieto Lobeira e a Pontón , ou Paulo Carril