Temas: ARTE PINTURA

Falece o pintor Manolo Moldes, membro da Academia de Belas Artes de Galicia

Membro fundacional do colectivo Atlántica, faleceu este domingo por mor dunha repentina enfermidade.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 03/12/2017 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

O pintor Manolo Moldes (Pontevedra, 1949), integrante da Real Academia de Belas Artes e membro fundacional do colectivo Atlántica, faleceu este domingo por mor dunha repentina enfermidade.

O pintor Manolo Moldes
O pintor Manolo Moldes

Familiares do pintor, que tamén é profesor na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, confirmaron o falecemento do artista, pouco despois de que a súa última exposición pechase as súas portas no Museo Provincial de Pontevedra.

El mesmo participou moi activamente até o final da mostra, con visitas guiadas para o público que acudiu a observar o repaso á súa obra, que se exhibiu nese museo nos meses de verán e contou cunha grande afluencia.

O corpo vélase no Tanatorio de San Mauro, Pontevedra, desde as 13,00 horas deste domingo. Este luns, ás 17,00 horas, celébrase un acto civil no mesmo lugar.

Temas: ARTE PINTURA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta