Identificado un mozo en Ferrol por tratar de subtraer a figura do neno Jesús do belén municipal

A Policía Local de Ferrol identificou a un mozo de 23 anos de idade por tratar de subtraer a figura do neno Jesús do belén municipal poucas horas despois de ser colocado.

Ferrol | 07/12/2017 | Actualizada ás 13:03 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Policía Local de Ferrol identificou a un mozo de 23 anos de idade por tratar de subtraer a figura do neno Jesús do belén municipal poucas horas despois de ser colocado.

Neno Jesús do belén municipal de Ferrol
Neno Jesús do belén municipal de Ferrol | Fonte: Europa Press

Segundo informou o Concello de Ferrol nun comunicado, a Policía Local "frustrou a tentativa de furto" do neno Jesús colocado desde o martes día 5 na Praza de Armas, que forma parte da iluminación deste Nadal.

Os feitos sucederon na madrugada do martes día 5 ao mércores 6, após ser colocado o belén municipal. As mesmas fontes municipais relatan que unha patrulla en quenda de noite observou a un mozo, de 23 anos e veciño da cidade, sobre as 6,30 horas cando camiñaba a poucos metros da Praza de Armas coa peza do neno Jesús nas mans.

O home foi identificado como o presunto autor dos feitos, concretan as mesmas fontes, que indican que o neno Jesús "pasou a noite" nas dependencias da Policía Local no cuartel de San Xoán "como convidado os axentes municipais, non baixo arresto", segundo matiza o Concello de Ferrol.

Este xoves está previsto que sexa reposto no seu lugar por operarios municipais do Concello "para quedar á beira do resto das pezas após a súa aventura noctámbula", conclúe o Consistorio.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta