Gloria Lago, campaña en Madrid a prol do español

A presidenta de Galicia Bilingüe e impulsora da Asociación ‘Hablamos Español’ asegura ter xa decenas de miles de firmas para garantir que “ningún hispanohablante sea discriminado por su lengua”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/12/2017 | Actualizada ás 10:31

Comparte esta noticia

A recentemente constituída asociación ‘Hablamos Español', impulsada por Gloria Lago, presidenta de Galicia Bilingüe, comezou nesta ponte festiva coa súa recollida de firmas a prol da liberdade de elección de lingua e para garantir os dereitos dos hispanofalantes en todas as comunidades de España.

‘Hablamos Español’ organizou unha xornada de recollida de firmas na madrileña Puerta del Sol, que segundo a propia Gloria Lago, foi “un éxito que ha superado nuestras expectativas más optimistas”.

O pasado outubro, o Congreso dos Diputados aprobou unha proposta de lei de ‘Hablamos Español’ para garantir que os hispanofalantes de todas as comunidades autónomas teñan os mesmos dereitos lingüísticos e poidan escoller idioma. Agora, a asociación ten nove meses para alcanzar as 500.000 firmas necesarias para que a iniciativa sexa debatida nas Cortes.

Segundo a propia asociación, a campaña de recollida de firmas no chamado ‘kilómetro cero’ da Puerta del Sol reuniu a voluntarios de toda España que acumularon “decenas de miles de firmas” dende as dez da mañá até as dez da noite do venres e numerosos madrileños, ademáis de aportar a súa rúbrica, uníronse á campaña e ofrecéronse a recoller eles mismos máis sinaturas.

“Estoy emocionada con la acogida del pueblo de Madrid a la iniciativa. Los españoles, cada vez más, están concienciados del problema lingüístico que existe en muchas comunidades”, afirmou Gloria Lago. A presidenta de ‘Hablamos Español’ dixo sentirse “abrumada” pola resposta masiva dos madrileños e turistas de toda España. “Desde aquí extenderemos nuestra labor a todos los rincones de España”, dixo a presidenta de Galicia Bilingüe, que anunciou que a próxima visita será a Barcelona.

Gloria Lago insistiu que se trata de “un problema de derechos civiles, con grandes implicaciones afectivas, y que afecta a la educación de nuestros hijos, a nuestra libertad, a nuestro país”.

Campaña de recollida de firmas de Gloria Lago na Puerta del Sol.
Campaña de recollida de firmas de Gloria Lago na Puerta del Sol. | Fonte: 'Hablamos Español'

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

7 Anti...

A nosa gloria demandando que o castelán /español non sexa descriminado. O mesmo que apañar asinaturas en London en prol da non descriminacion do Inglés. Gloria!!! Dime as herbas aromáticas que tomas, que quero ollar un mundo millor e a coores coma o arco da vella.

1 Argonauta

É Gloria Metílico até as Cellas de Etílico!!!!.

6 anonimo

Pobre muller. Xa non sabe qué facer para que prestemos atención ao seu grave problema.É evidente que un día cruzouse con alguén que lle falou en galego; un día viu un rótulo que estaba en galego; e un día enviáronlle unha carta ou propaganda oficial en galego.Desde que tivo estas experiencias traumáticas, está desorientada. Xa non sabe a onde ir coa lingua- O ESPAÑOL- coa que se pode ir polo mundo (agás resto de Europa, Asia, África, Oceanía e Norteamérica. Gloria, só duas palabras:sé forte...

5 EXPAÑA E PUTERIO E MERDERIO

nostrus duas linguas como as serpres velnosas, aquí están os cans de expaña pretendendo a forza de ladridos meterse na nosa casa galega, non o que temos que coller e un zoco e darlle con el nos fuciños, destruide o dereitismo, destruide o expañolismo, e decidime si gloria lago ten como parientes os señores que vendían os licores pois aparecer os irmaos lago, naquel tema do metelico pode alguen por favor confirmalo ou negalo si esta persoa ten a estes señores como parientes... E EU OS DIGO QUE OS EXPAÑOLISTAS SON OS FILLOS DO DEMO E QUE SOAMENTE VEÑEN A ROUBAR NAS VOSAS CASAS SON LADRONS SON ALIMAÑAS!!!

4 Mandrusco!

Por el imperio hacia Dios!

3 ferrolan do pisco

E evidente que Dna. Gloria ten un problema de estabiliza espirítual , un complexo de inferioridade paranoico -político . Esta muller Nega a españolidade da Galiza ...,bó alá ela , está en contadición con sigo mesma ,recoge firmas en Madrí , foder nos Madriles.....esta. dis-funcionaria debe ser de aquelas xentes inanes a sociedade que so sabían falar castelán.. E fala castelán nada, nada ben, en fin ,Dna. Gloria necesita un director espiritual,