Gloria Lago, campaña en Madrid a prol do español

A presidenta de Galicia Bilingüe e impulsora da Asociación ‘Hablamos Español’ asegura ter xa decenas de miles de firmas para garantir que “ningún hispanohablante sea discriminado por su lengua”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/12/2017 | Actualizada ás 10:31

Comparte esta noticia

A recentemente constituída asociación ‘Hablamos Español', impulsada por Gloria Lago, presidenta de Galicia Bilingüe, comezou nesta ponte festiva coa súa recollida de firmas a prol da liberdade de elección de lingua e para garantir os dereitos dos hispanofalantes en todas as comunidades de España.

‘Hablamos Español’ organizou unha xornada de recollida de firmas na madrileña Puerta del Sol, que segundo a propia Gloria Lago, foi “un éxito que ha superado nuestras expectativas más optimistas”.

O pasado outubro, o Congreso dos Diputados aprobou unha proposta de lei de ‘Hablamos Español’ para garantir que os hispanofalantes de todas as comunidades autónomas teñan os mesmos dereitos lingüísticos e poidan escoller idioma. Agora, a asociación ten nove meses para alcanzar as 500.000 firmas necesarias para que a iniciativa sexa debatida nas Cortes.

Segundo a propia asociación, a campaña de recollida de firmas no chamado ‘kilómetro cero’ da Puerta del Sol reuniu a voluntarios de toda España que acumularon “decenas de miles de firmas” dende as dez da mañá até as dez da noite do venres e numerosos madrileños, ademáis de aportar a súa rúbrica, uníronse á campaña e ofrecéronse a recoller eles mismos máis sinaturas.

“Estoy emocionada con la acogida del pueblo de Madrid a la iniciativa. Los españoles, cada vez más, están concienciados del problema lingüístico que existe en muchas comunidades”, afirmou Gloria Lago. A presidenta de ‘Hablamos Español’ dixo sentirse “abrumada” pola resposta masiva dos madrileños e turistas de toda España. “Desde aquí extenderemos nuestra labor a todos los rincones de España”, dixo a presidenta de Galicia Bilingüe, que anunciou que a próxima visita será a Barcelona.

Gloria Lago insistiu que se trata de “un problema de derechos civiles, con grandes implicaciones afectivas, y que afecta a la educación de nuestros hijos, a nuestra libertad, a nuestro país”.

Campaña de recollida de firmas de Gloria Lago na Puerta del Sol.
Campaña de recollida de firmas de Gloria Lago na Puerta del Sol. | Fonte: 'Hablamos Español'

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

2 Gallego

Estupendo. A ver si la Xunta de Galicia gobernada por el Partido Popular se entera y empieza a enviar los escritos en castellano a quienes abrumadoramente se los presentamos en dicho idioma. Y a rotular también en los dos idiomas oficiales de Galicia. Dos lenguas oficiales = mismos derechos.

1 nostrus

Dos lenguas oficiales = mismos derechos, pero derechos de las personas, no de las lenguas, porque las lenguas no tienen derechos.

2 Mandrusco!

Oooohm!

3 Tocabolas

Claro que si...Dereitos das Persoas..non dos territorios e as súas línguas.....eu, como bó e disciplinado español, quero que me atendan en Galego en Madrid...é un dereito persoal e intransferibel......

4 nostrus

Tocabolas, ti tes direito a falar a lingua que che pete onde che pete, pero para algo oficial deberas usar unha lingua oficial no territorio onde te atopes. O problema dos naciotas tocabolas é que considerades a lingua como parte dunha relixion que non vos conformades con profesar vos, sino que ademais queredes que tododios comulgue ca vosa fe.

5 OscarX

Nostrus, di que os naciotas tocabolas considera que queren impoñer a sua fe, mais resulta que di que un galego pode usar o galego en Galicia pero non en Madrid, porque o galego en Madrid non é oficial, o problema que non entende é que o idioma galego e cooficial en Galicia, por tanto, debería ter a posibilidade de dirixirse a administración central en galego (non saiu do territorio galego) pero claro eso e querer impoñer que todos usen o galego. En cambio, resulta que unha señora vai a Madrid para pedir que o castelán sexa a lingua principal e non ve que precisamente eses son os nacionalistos que queren impoñer a sua relixión os demais. Manda carallo.

6 anonimo

Nostrus e Gayego; estou convosco. Vos queredes aprender só castelán, ler só castelán, escribir e falar só castelán, e non vos deixan. NOn entenden que promovedes o "bilingüismo", é dicir, que a xente que queira poda falar, aprender, escribir galego pero a vos os deixen en paz e non teñades que ver nin escoitar nada escrito noutra lingua que non sexa o castelán. Galego que exista sí, pero fóra enteiramente da vosa vista...É dicir, Bilingüismo made GLORIA LAGO

7 Tocabolas

Este Nostrus as veces Pensa (pero pensa??) con Q e outras coa Testa (asegún lle convén): na Galiza fala dos dereitos das persoas e en Madrid dos dos territorios.....asi calqueira!!.

8 Elisenda en Camelot

Exactamente: onde están os meus dereitos cando se negan a me atender na miña lingua en tantos lugares e non podo case nin ver cine en galego. Penso seriamente en xuntar xente coma min, que sufrimos bulliyng na escola por falar a nosa lingua a finais do franquismo e principios da transición e crear unha asociación para demandar os nosos dereitos... Francamente, de seguir así pensareino.... E somos moitos galegos no mundo e seguro que algúns e algunhas me apoian. Porque eu sufrín un terrible acoso. Se queredes falo del.

9 Elisenda en Camelot

A ver, deixade de discutir con quen nin os vosos argumentos le e pensade en algo serio: por que non pedimos contas polos sufrimentos que nos fixeron padecer na escola por falar en galego a finais do franquismo? Tamén esta Europa na que vivimos se negará a nos oír? Non temos dereito a expresar as nosas opinións ou incluso os traumas que unha experiencia así nos creou. Por que non crear unha asociación para nós? Eu en verdade podo testemuñar o que me fixeron sufrir os meus compañeiros e compañeiras... Non os meus profesores, porque eles non, pero si os meus compañeiros e compañeiras. Eu sufrín bullying lingüístico. E vós? Por que non crear unha asociación? Por que non escribides teses sobre nós?

1 Un de paso

Pero esta señora, no caso de Galicia, que pretende? Xa pouco máis queda que quitar a materia de Lingua galega dos currículos escolares... E que sentido lle encontra a recoller sinaturas a prol do castelán na Puerta del Sol de Madrid? Loitar contra a "imposición" do inglés?