Lidia Senra: “Seguirei traballando para que a saúde non estea condicionada polos intereses das farmacéuticas”

A eurodeputada asegura que quere “investigación pública e control público” na sanidade, nas vacinas, nos medicamentos, nos tratamentos e na investigación e avisa que seguirá loitando contra “as política neoliberais” que está poñendo en marcha o Partido Popular para privatizar a saúde.

Por Galicia Confidencial | Bruxelas | 13/12/2017 | Actualizada ás 08:35

Comparte esta noticia

“A pregunta dirixida á Comisión Europea o pasado mes de agosto, non vai de vacinas si/ vacinas non. Vai de que se garanta a transparencia, a información, de que os poderes públicos garantan a seguridade fronte ao poder dos laboratorios, e da non obrigatoriedade no contexto europeo (cousa que non é diferente ao que xa existe no Estado Español)”.  Son declaracións de Lidia Senra.

A eurodeputada galega Lidia Senra preguntando na Cámara
A eurodeputada galega Lidia Senra preguntando na Cámara

A eurodeputada galega decidiu romper o silencio logo da polémica causada tras coñecerse que presentara unha iniciaciativa no Parlamento Europeo sobre as vacinas e a industria farmaceútica (texto da iniciativa). Así, e a través dun comunicado, Senra destaca que, desde a súa responsabilidade como deputada no Parlamento Europeo, seguirá traballando na defensa da sanidade pública “fronte as política neoliberais que está poñendo en marcha o Partido Popular para privatizalas”. De feito, acusa a este partido de estar detrás das informacións críticas contra ela. 

“Cando o PP lanzou fai uns días este ataque contra min, repito, por unha pregunta rexistrada no mes de agosto, seguramente pensou que lle podería servir para tapar o debate, o malestar social  sobre o deterioro da sanidade e a falta de medios, e  as mobilizacións que está habendo na Galiza na defensa da Sanidade Pública”, destaca

INVESTIGACIÓN 

“Queremos investigación pública e control público na Sanidade. Nas vacinas, nos medicamentos, nos tratamentos, na investigación...  A saúde é un dereito polo que temos que loitar con todas as nosas forzas. Estas foron as miñas razóns para preguntarlle á Comisión Europea pola información e o control público sobre as vacinas”, afirma Senra sobre a súa iniciativa.

Por iso, asegura  que seguirá preguntando e traballando para que as decisións políticas que afectan á saúde e á seguridade de todos os medicamentos “non estean condicionadas polos intereses das farmacéuticas”. “Seguirei traballando para demandar investigación pública, e que as Administracións públicas sexan o garante de que o único que vai primar á hora de tomar decisións sexa a saúde”, apunta.

LEVA PREGUNTANDO DESDE 2014 

“Isto é algo que levo facendo neste Parlamento desde o primeiro momento, cando en outubro do 2014 no marco da posta en marcha da actual Comisión Europea me dirixín ao Presidente Juncker para que a Axencia Europea do Medicamento permanecera na Dirección Xeral de Saúde e Consumo e non na Dirección Xeral de Industria,  como pretendían”, lembra.

Finalmente, aproveita para agradecer “profundamente as mostras de solidariedade” e di comprender tamén as críticas xurdidas. “Ámbalas dúas cousas (as críticas e a mostras de solidariedade) son un valioso estímulo para seguir preguntando á Comisión Europea; cousa que seguirei facendo. Penso que non se pode ter medo a facer preguntas”, conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

4 Fuilco

Las declaraciones de Lidia Senra sobre las vacunas son propias de una analfabeta irresponsable, cuando son las vacunas las que evitan millones de muertos cada año, como toda la comunidad científica y médica le ha recordado. El problema es que esta señora tiene una responsabilidad que no suelen tener los analfabetos. Pero este es el nivel de la izquierda nacionalista gallega.

1 LKK

Non a acuses de nacionalista que xa se redimiu integrando de facto o SLG nunha organizacion española e pedindo a abstención nas eleccions que gañou Feijóo por primeira vez

2 Fuilco

Ya,ya: Lidia Senra denuncia en el Parlamento europeo la "vulneración de los derechos humanos" en Cataluña. https://www.elprogreso.es/articulo/...

3 Dr. Jenner

A vacina oral da polio foi donada á humanidade polo Dr. Sabin. Hai vacinas no calendario vacinal que só costan o que costa facelas. Vedes nenos con parálise fláccida polas rúas?. Antes do 65 non había aula que non tivese alomenos un neno paralítico pola polio. https://es.wikipedia.org/wiki/Alber...

2 Dr. Jenner

O Sarampelo só existe no ser humano. Foi erradicado de Europa no ano 2000. Xa non é así. Grazas ós Iluminatti xa non se vacina un pequeño porcentaxe de nenos <5%. Antes estaban protexidos polo efecto rebaño (no medio dun rebaño de vacinados ninguén che pasaba o virus). Agora coa inmigración e movementos da poboación xa non é así. Na sociedade da información, da rede. As mentiras e a pseudociencia tamén se espallan. Triste é ver a políticos opinando do que non é o seu. O pecado da esquerda é o infantilismo...

1 Dr. Jenner

Un fillo non era dunha nai mentres non pasase a variola. Os nenos do asilo da Coruña foron enviados a América e a Filipinas para distribuir a vacina por América e Asia. As malvadas farmacéuticas melloraron a vacinación, xa non facían falla vacas. Houbo campañas masivas nos 60 e 70. A variola xa non existe. Nengún ser humano a padeceu en 40 anos. As malvadas farmacéuticas non venderon nen una dose en 40 anos, xa non está nos calendarios de vacinas.... Sería posible erradicar a variola no ano 2017?. Non , pois un 5% de país negaríanse a vacinar ós seus fillos. Grazas a Lidia Senra e a outros iluminatti....