Temas: PESCA FEIJóO

O presidente galego tras o recorte das cotas: “En Galicia pescamos moitisimo máis que en 2009, pero moitisimo máis”

Feijóo contradí a principal asociación de cergo galega, que denuncia que Galicia “sae mal parada” polas novas cotas pesqueiras. “Teño satisfación contida”, asegura o presidente galego.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/12/2017 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

Teño unha satisfacción contida”. Así di sentirse o presidente da Xunta tras o acordo das cotas pesqueiras anunciados por Bruxelas esta semana. Unhas cotas que supón unha baixada do 24% de xurelo ao Sur de Fisterra e do 20% na xarda.

Barco de pesca artesanal
Barco de pesca artesanal | Fonte: Instituto de Investigacións Mariñas - CSIC.

Pero, para o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o acordo entra “dentro do razonable”. “E, ademais, é a mesma opinión que ten o sector”, indicou na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. Aínda que depende de que sector. Andrés García, portavoz da principal asociación de cerco galega, Acerga, denunciaba este mércores que esta frota "sae moi mal parada" e "claramente prexudicada" dos recortes de cotas acordadas en Bruxelas.

Así, suliñaba que "aínda non se sabe" se o ano que vén os cerqueiros galegos poderán pescar sardiña, xa que se deberá esperar a xaneiro para coñecer se a UE acepta o plan de xestión conxunta entre España e Portugal, que ademais supón unha rebaixa do 14% en capturas.

“Non se lograron o 100% dos obxectivos, pero si un 70%”, insistiu Feijóo tras amosar a súa satisfacción polo acordo. Así, lembrou que se manteñen igual as 36 “cotas pesqueiras principais”. “Non é o óptimo –o acordo--, pero si é aceptable”, indicou. “En Galicia pescamos moitisimo máis que no 2009. E moitisimo máis é moitisimo máis”, concluíu.

Temas: PESCA FEIJóO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta