Chove sobre mollado

A economía española segue a sufrir serios reveses. Colea aínda o perigo de contaxio pola crise de Irlanda. Moody’s dubida da capacidade do noso país para cumprir os compromisos asumidos e advirte de que se non se atalla o problema voltará a rebaixar a calificación da nosa débeda. E hai que ter presente a paulatina devaluación da que está a ser obxecto. En setembro contaba coa valoración máxima e agora podería estar a un paso (a tres meses vista) dunha nova rebaixa, co efecto negativo que esto está a provocar: cada día resulta más difícil e máis caro colocar a nosa débeda pública no mercado e o risco país atópase nos seus máximos históricos.

Por X.M. Barreiro | | 21/12/2010

Comparte esta noticia

Para entender a delicada e perigosa situación na que nos atopamos, hai que tomar en consideración tres aspectos fundamentais.

En primeiro lugar, temos que recoñecer que os continuos bandazos en materia económica dados por España exemplifican o que o historiador económico Rober Higgs denomina “incertidume de réxime”. O que vén sendo que o Goberno, na vez de establecer un marco seguro, estable e axeitado no que os inversores se sientan confiados, adícase a crear incertidume sobre o marco regulatorio.

A maiores, a reforma laboral aprobada non aporta solucións ó problema fundamental: unha taxa de paro por riba do 20%. Tampouco se profundizou no proceso de reestructuración do sistema financieiro, imprescindible para que volte a fluir o crédito hacia empresas e familias. E o déficit público segue sen controlarse e se o crecemento esperado para o vindeiro ano é inferior ó estimado, producirase unha desviación sobre os obxectivos marcados que, por pequena que sexa, incrementará aínda máis a desconfianza internacional na nosa economía.

Para contextualizar a situación na que nos atopamos, é ineludible facer mención tamén ás medidas que aínda están pendentes de acometer. É urxente mellorar a competitividade da economía española e aumentar o seu potencial de crecemento. E para elo hai que garantir a unidade de mercado; reducir e simplificar os trámites burocráticos e efectuar unha reforma administrativa que elimine duplicidades entre administracións e aumente a súa eficiencia.

Todos estos elementos combinados entre si fan que a nosa economía sexa moi vulnerable a cualquer elemento de inestabilidade que xurda no noso entorno. E se non mudamos esta situación, os riscos son evidentes.

A Unión Europea apremia a España a que faga os deberes e Portugal tenta esquivar a intervención coa adopción dun novo paquete de medidas. Pero, dada a delicada situación na que nos atopamos, non podemos obviar o perigo que suporía para o noso país e para a propia viabilidade do sistema monetario europeo que finalmente houbera que rescatar ós nosos veciños lusos.

En definitiva, aínda que teñamos moi claro que España non é Irlanda, nin Grecia, nin sequera Portugal, é trascendental restaurar cuanto antes a credibilidade da nosa política económica para eliminar de raíz todos os risgos, que, non nos enganemos, son moitos. Porque o optimismo desbordante do que fai gala o Goberno Zapatero, dado que xa chove sobre mollado, máis que tranquilizar, inquieta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA