Cal queres que sexa a palabra de moda en galego neste 2017?

Afouteza, eucaliptización, independencia, sapoconcho, teimudo, vaga de lumes, velutina e violencia de xénero son as palabras finalistas da Palabra do Ano 2017.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 19/12/2017 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

O Portal das Palabras acaba de abrir a votación da na que se decidirá cal é a Palabra do Ano 2017. O proxecto web para a modernización e divulgación do léxico galego da Real Academia Galega e a Fundación Barrié recibiu na primeira fase desta iniciativa, do 4 ao 17 de decembro, máis de 6.700 achegas de usuarios e usuarias que propuxeron cerca de 900 palabras diferentes. As finalistas son, por orde alfabética, afouteza, eucaliptización, independencia, sapoconcho, teimudo, vaga de lumes, velutina e violencia de xénero. 

'This is Afouteza', a campaña do Real Club Celta de Vigo para a semifinal co Manchester United.
'This is Afouteza', a campaña do Real Club Celta de Vigo para a semifinal co Manchester United.

A votación permanecerá aberta á participación de todas as persoas que o desexen ata as doce da noite do 25 de decembro, día de Nadal, nesta ligazón. Nas tres edicións anteriores as gañadoras foron irmandade (2016), refuxiado/a (2015) e corrupción (2014).

ALTA PARTICIPACIÓN

As candidatas son en total oito palabras, dúas máis ca noutras ocasións, xa que se rexistrou unha participación significativamente máis alta ca outras veces e as palabras seleccionadas son termos asociados a situacións dunha grande intensidade informativa. Só nas primeiras 24 horas chegaron preto de 900 propostas e nos días seguintes, con moita antelación respecto ao cambio de fase, xa se defiron as tendencias das finalistas.

As aspirantes a se converter en Palabra do Ano cumpren todas elas os seguintes criterios: están á cabeza das máis repetidas entre todas as que chegaron; son palabras contundentes, con forza informativa, que centraron por diversos motivos os temas de maior presenza mediática e máis impacto social do ano; e teñen, as máis delas, un valor engadido desde o punto de vista estritamente lingüístico, ben por seren terminoloxía de nova creación, por exemplificaren usos singulares ou por seren colocacións léxicas de plena actualidade.

Na elección da Palabra do Ano 2017 pode participar calquera persoa. Só cómpre ter en conta que non se poderá votar máis dunha vez desde o mesmo equipo por período de vinte e catro horas e que tampouco se admitirán votos de máis de tres dispositivos por enderezo IP. A palabra gañadora, a máis votada de todas, será dada a coñecer o mércores 27 de decembro.

Temas: GALEGO RAG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

3 Manda

Neonazis dice se de dos infrahumanos nostrus y fartodalingua.sinonimo de analfabetos

1 nostrus

Claro, tu quieres que el gallego sea para los gallegos algo asi como el bautismo para los católicos y que solo sea considerado gallego aquel que hable gallego. Pero que sepas que gallegos somos todos los que tenemos esa condicion independiente de cualquier otra consideracion. Ese concepto sirve para ser naciota, es decir solo será naciota si habla gallego, no puede ser de otro modo, porque los naciotas son los seres humanos que mas se parecen a los animales irracionales y actuan por instinto o por como han sido entrenados, en vez de por su propia voluntad e inteligencia. Lo teneis crudo, porque por mucho que deis la matraca, no os haremos caso y haremos de nuestra vida lo que nos de la gana y por mucho que llameis fascistas a los demás, resultará que los fascistas sois los que os entrometeis en la vida de los demás.

2 Manda

Nostrus tu eres tan gallego como yo cubano

3 Manda

Pues nostrus no me obligue a aprender el español o es que yo tengo menos libertad que tu

4 nostrus

Manda, xa sei que para ti ser galego é cuestion de cor de pel ou ollos, pero trabúcaste moitisimo, porque para ser galego só é preciso ter nacionalidade española e residir en Galicia, independentemente do ADN ou da lingua que fales ou a relixion que profeses e ata podes ser galego sendo feixista.

5 teutonio

Criticamos o racismo dos outros e caemos no racismo ou directamente ignorancia ao negarlle a galeguidade á diáspora sen cidadanía española ou a calquera persoa atraída pola identidade galega que non teña a nacionalidade. Non sei quen é pior

2 nostrus

A min dame igual cualquer palabra. Eu quero é que o galego sexa unha lingua oficial en Galicia para que a use todo aquel que o desexe, pero que ninguén se vexa obrigado a usalo nin directa nin indirectamente. Tampouco considero ao galego como un membro nunha compiticion de linguas. Consideroo unha realidade galega que hai que respetar, pero négome a crer que sexa de gran utilidade, que sexa bon para a gorxa nin para baixar o colesterol. De feito en Murcia non o teñen e son tan felices coma nos. Recoñezo que o galego é imprescindible para a matraca nacionática.

1 Fartodalingua

mer da