Temas: FEIJóO NADAL

Feijóo fala case máis de Cataluña que de Galicia na súa mensaxe de Fin de Ano

Carga contra o independentismo e defende as súas "contas saneadas", un "menor déficit" e un modelo autonómico onde os galegos son tan españois como galegos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 31/12/2017 | Actualizada ás 15:31

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou o "modelo galego de convivencia" e "unidade" nun discurso de Fin de Ano no que enxalzou a Galicia como "nacionalidade histórica" afastada do "patrón de conflito permanente" e leal ao sistema autonómico, que "se concibe como unha parte esencial dun Estado que é tan galego como español". Unha dura crítica aos independentistas cataláns.

Discurso de fin de año de Alberto Núñez Feijóo
Discurso de fin de año de Alberto Núñez Feijóo

O xefe do Executivo galego elixiu o Museo do Mar do Vigo como lugar para pronunciar o tradicional discurso de Fin de Ano. Alí atópase a exposición sobre o 'Pergamiño Vindel', manuscrito de cantigas medievais de Martín Códax que, segundo Feijóo, "dan fe dunha realidade chamada Galicia que se transforma constantemente para ser protagonista en todos os momentos da historia".

No discurso, dun dez minutos de duración e emitido na TVG no mediodía deste domingo 31 de decembro, Feijóo realizou varias alusións á situación que vive Cataluña, onde, para o popular, "o independentismo atentou gravemente" contra a Constitución e, tamén, contra o Estatuto de Autonomía de Galicia.

"Galicia acerta cando se afasta de ideas que noutros territorios provocaron cismas e desconfianza. Galicia acerta asegurando pontes e creando outros novos. Co resto de España, con Europa e co mundo", salientou, para logo remarcar que "a Galicia do século XXI ten empatía e goza dun prestixio merecido" grazas a "conceptos como convivencia, cultura, emprendimiento".

Deste xeito, aseverou que "o modelo galego ten resultados" e que a economía de Galicia "crece porque aumenta a confianza", grazas á redución do déficit público, o aumento das exportacións. Con todo, confesou que o desemprego segue provocando "desasosego" pero que, di, o paro "diminúe porque os investidores apostan por Galicia e non foxen".

"TERRORISMO INCENDIARIO"

Así, afirmou que "ter as contas saneadas fai posible manter" o autogoberno de Galicia "intacto", á vez que defendeu que "o modelo galego garante a unidade, o benestar e tamén a solidariedade en momentos dramáticos como os que provocou o terrorismo incendiario en Galicia e noutras comunidades".

"Se a intención desta forma de delincuencia era fomentar a división social, Galicia soubo dar unha resposta admirable e resolta", manifestou Feijóo, que, a continuación, tamén tivo palabras para "outras execrables manifestacións de violencia", como a machista, contra a que a Xunta actuará de forma "implacable".

"GALICIA TEN MOITO QUE DICIR"

Núñez Feijóo tamén se referiu a o debate sobre o novo modelo de financiamento autonómico, a revisión do modelo territorial ou a reforma constitucional, nos que Galicia "ten moito que dicir e dirao de forma clara, responsable e serena".

"Reforzar e revisar non equivale a destruír. Avanzar supón financiar como cómpre os servizos que distinguen un moderno Estado de Benestar. Non se financian 17 territorios, senón 47 millóns de persoas, porque son as persoas e non os territorios os que financian o Estado e posúen a soberanía nacional", incidiu.

Nesta liña e en referencia ao modelo de financiamento autonómico, convidou a "incorporar as amargas leccións dos recentes acontecementos de Cataluña", que, para Feijóo, deben ter "consecuencias políticas" ademais de "as inevitables consecuencias xurídicas que eses feitos puidesen producir".

"A deslealdade non pode ser premiada mediante financiamentos a medida ou proxectos que non garantan o respecto á lei", declarou Feijóo, que contrapuxo este "patrón de conflito permanente" fronte ao "modelo" de Galicia.

"IRMANDADE E AFOUTEZA"

Por último, Feijóo puxo como "divisa" de Galicia no ano que comeza este luns as palabras escollidas pola Real Academia Galega como termos do 2016 e o 2017: "irmandade" --irmandade-- e "afouteza" --valor--.

"Oxalá Galicia siga sendo unha gran familia unida, digna do legado dos que nos deixaron e da que tamén sentan orgullosos os que nos van a suceder", concluíu Feijóo antes de pechar o seu discurso desexando un feliz 2018 para todos os galegos e galegas. "Vivámoslo xuntos, traballando e soñando xuntos", finalizou.

Temas: FEIJóO NADAL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

6 refresco de zero alteracions

+ refrito do fruto virrei frijoles sin terra, discurso decepcionante, estupidizante, desesperante, persoaxe oco e inconsistente, todo trufado de anticatalanismo, repite os mesmos erros do ano pasado magnificados e miren o que pasa agora en euscade onde o pepeiro deu miles de millons de euros, namentras os galegos nos siguen roubando e estafando en plan autoestrada expañolenta, o gran virrei malvado e malinche continua na típica situación de comedia de burladeiro o moi aberrante aborto no apoteosis alucinatorio das bondades de expaña e entregacionismo da Galiza no nome do mamerto e xilifrutas SOBRESUELDOS MARIJUANO, relato recheo de autentico buracos negros e tan longo como o mesmisimo cu do demo satanacio, sigan e sigan asi engañando os galegos namentras o pepeiro fai de fachadolid porto da fachada atlántica, asi e o pepeiro asi e o ladroecio do expañol

5 Equidistando

E que existe Galicia? A maioria avergonzadesvos da sua lingua historica e defendedes que se use menos no ensino, non protestades por nada e os de esquerda sodes recadeiros dos partidos de Madriid. A maioria dos galegos aspira a ser un municipio de Madrid. Por que pois o criticades? Se e o reflexo do que somos.

1 nostrus

Eu non me avergonzo do galego, de ningún xeito, pero tampouco aspìro a convertilo no orixe do universo como pretendedes os nacionalcansinos.

2 Equidistando

Eu non son nacionalista so quero falar a lingua de miña mai e que non se me acuse de impoñela. Non pensastes en cantos votos sumariades se escollesedes esa opcion, a de defender a pluralidade.

4 Xenaro

É unha falla de respeto a todos os galegos que Feijóo se adique a falar de Catalunya ou VeneCuba do Norte no mensaxe de fin de ano, no canto de falar da sua mala xestión. O día que morra Feijóo vou darlle o pesame aos familiares de Tarradellas. Boas Festas e feliz aninovo a todos os demais galegos.

3 Mira

Ap9 no a a6

2 Mira

Que manía los políticos gallegos pensar que lo que ellos dicen es dogma de fe y que los gallegos piensan como ellos señor Feijóo a que no dijo nada de la bajada de pantalones ante el cobarde de Rajoy por el traspaso de la a6.es verdad que usted es tan lameculos como el