O Xulgado de Ribeira (A Coruña) reabre o caso Diana Quer

O Xulgado número 1 de Ribeira (A Coruña) reabriu oficialmente a causa xudicial en relación á desaparición da moza madrileña Diana Quer, a quen se lle perdeu o rastro o 22 de agosto de 2016 na Pobra do Caramiñal, e cuxo cadáver foi achado a madrugada do pasado 31 de decembro nunha nave industrial xa sen uso en Asados, unha parroquia do municipio coruñés de Rianxo.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/01/2018 | Actualizada ás 15:52 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 2 (EUROPA PREES)

A Garda Civil localiza o cadáver de Diana Quer
A Garda Civil localiza o cadáver de Diana Quer | Fonte: Europa Press

Segundo confirmaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), está a acabarse de redactar o auto polo cal quedará oficialmente reaberto o caso, que fora arquivado provisionalmente a mediados do pasado mes de abril.

A reapertura desta causa xudicial prodúcese despois de que o pasado domingo fose atopado o cadáver de Diana Quer nunha nave sen uso na parroquia de onde é orixinario o autor confeso da morte da moza, Enrique Abuín Gey, coñecido como 'O Chicle', quen sinalou á Garda Civil o lugar onde abandonara o cadáver.

Pola súa banda, a maxistrada do xulgado número tres de Ribeira foi a encargada este luns de decretar prisión provisional incomunicada e sen fianza para José Enrique Abuín Gey, "sospeitoso de acabar coa vida de Diana Quer" e de tentar raptar a outra moza o luns da semana pasada en Boiro. 'O Chicle' acolleuse ao seu dereito a non declarar ante a maxistrada, aínda que confesara ante a Garda Civil e desvelara onde estaba o cadáver.

A comparecencia do luns produciuse ante o xulgado de Instrución número 3 de Ribeira porque era o que estaba de garda, pero a causa volve agora ao número 1 deste partido xudicial ao reabrirse de forma oficial a instrución sobre a morte de Diana Quer. Segundo apuntou o avogado de 'O Chicle', Ramón Sierra, despois da notificación da reapertura do caso haberá un novo prazo de 72 horas para que se cite a declarar ao detido de novo, se así o desexa, e se ratifique o auto de prisión.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta