Galicia perde 2.500 autónomos en 2017 mentres aumentan no Estado

E a terceira autonomía que máis traballadores por conta propia perde.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/01/2018 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

Galicia perdeu ao longo de 2017 un total de 2.499 autónomos até quedar 213.073 (-1,2%), o que contrasta co aumento medio no Estado do 0,3%. De feito, Galicia é a terceira comunidade con maior descenso de autónomos, pois só Asturias (-1,4%) e Castela e León (-1,3%) teñen peores taxas entre as noves autonomías que rexistran datos negativos.

Autónomo
Autónomo | Fonte: Europa Press

Por provincias, a maior caída porcentual prodúcese en Lugo (-1,6%), con 564 autónomos menos até 35.131. Séguelle Ourense (-1,4%), que queda en 25.061, após un retroceso de 360. A Coruña, perde 970 (-1,1%) e baixa a 86.221. Pola súa banda, en Pontevedra o retroceso é de 605 autónomos (-0,9%) e sitúase nun total de 66.659.

España pecha 2017 cun aumento de 10.468 autónomos (+0,3%), a metade que en 2016 --cando creceron en 26.211 autónomos (+0,8%)-- e a cuarta parte que en 2015 --cando creceron en 42.192 traballadores autónomos (+1,3%)--. O total de autónomos é de 3,2 millóns de persoas.

En concreto, trátase do quinto ano consecutivo no que crece o número de traballadores por conta propia no país. Aínda que o crecemento rexistrado nos anos sucesivos foi decrecendo aos poucos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Anonimos

E máis autónomos que perderá. Galicia é un deserto financeiro e un inferno fiscal. É imposible ser emprendedor en Galicia, os custos de explotación son moi altos e a taxa de autónomos non cesa de medrar de forma desproporcionada para os autónomos societarios. Así non se pode competir con Europa, nen medrar, nen internacionalizarse. Por outra banda a Axencia Tributaria leva á práctica unha política impositiva claramente confiscatoria que estrangula o emprendemento. Consello: emprender fora de España. Marchar de Galicia, polo menos a Madrid, onde se persegue menos ao autónomo.