Non estamos para parches

Os socialistas teñen un xeito peculiar de entender a política, unha visión diferenciadora que, cando gobernan, fieis a eses particulares principios, non teñen ningún reparo en poñer en práctica.

Por X.M. Barreiro | | 04/01/2011

Comparte esta noticia

O plantexamento é simple, ante unha situación complicada, optan pola saída máis rápida e fácil; e os problemas aparellados que elo conleve, que os resolvan outros. A filosofía, a grades rasgos, é esa. Práctica e cómoda, pero ineficaz á hora de atallar problema.

Levamos meses constatando o progresivo deterioro económico do país; e mesmo a colocación de parches que, ou contribúen a deteriorar un punto máis a situación ou xeneran un novo conflicto á xa longa lista existente, pero que nada resolven.
Creo que non é preciso facer mención á retahíla de indicadores negativos que nos hostigan por todos os flancos. O que máis e o que menos ten preto o espello onde mirarse.

A lacra do paro é, sen dúbida, o peor de todos. A Deputación de Lugo, tras moitos meses inactiva nesta materia, coma noutras moitas, ven de aprobar un plan de emprego que, durante seis meses, xusto ata despois da celebración das vindeiras eleccións municipais, persegue dar un efímero resplandor ós que se atopan na desafortunada situación de non ter emprego.

Nin creo nin comparto este tipo de accións, que non dubido tampouco en calificar de oportunista, dada as circunstancias que creo que ninguén será tan inxenuo de obviar. E ata de inmoral, polo feito de tentar xogar cunha necesidade, que despois da saúde, é básica para todos e cada un de nós.

Feitas estas puntualizacións inciais, xustifico o rexeitamento deste plan con dous argumentos: polo xa mencionado oportunismo que desprende a medida, máxime tras rexeitar sistemáticamente durante meses todas as propostas que dende o PP fixemos tanto para promover o emprego como para dinamizar a actividade económica respaldando os nosos sectores productivos básicos; e porque a iniciativa non contribuirá a crear postos de traballo estables e de calidade.

En tempos de crise como os actuais, propiciar a xeración de emprego con futuro e impedir a destrucción dos existentes é prioritario. E pola coiuntura na que estamos, acadar ese obxectivo require a colaboración e coordinación de todas as institucións. Nembargantes, o apoio da Deputación brila pola súa ausencia no desenvolvemento do Plan Impulsa, por poñer un exemplo. E eso que ata o momento permitiu afianzar un par de centos de empregos.
Ó fin, o sector empresarial e a sociedade no seu conxunto están a apremiar ás administracións para que fagan a mellor xestión posible dos recursos existentes; que se faga máis con menos, e que ese “máis” redunde en beneficio de todos os cidadáns e non das persoas que dirixen as institucións.

De calquera xeito, non están os tempos para despreciar ningunha posibilidade, por moi limitada que esta sexa e mesmo aínda que o fin para o que foi diseñada responda a intereses ben distintos ó acotamento da lacra do paro. Por eso, os alcaldes do PP decidirán, en función das peculiaridades dos seus respectivos concellos, si consideran oportuno ou non sumarse á proposta feita dende a Deputación. Proposta, insisto, cargada dunha intencionalidade moi distinta á que sería desexable. Un inconsistente parche máis salido da factoría socialista co beneplácito dos seus socios de goberno.

En calquera caso, agardo, dado que encetamos ano, e en aras de impregnar o 2011 da prosperidade que todos desexamos e necesitamos, que o compromiso e a responsabilidade se impoñan no quefacer de cada unha das administracións. Con esa esperanza, desexo un feliz ano para todos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA