Temas: FEIJóO XACOBEO

A Xunta crea un novo cargo institucional: a figura de comisario do Xacobeo 2021

Feijóo asegura que terá rango de conselleiro delegado dunha nova empresa pública e di que a súa función é "extraordinaria" e nada ten que ver co o outro organismo que se encarga do Xacobeo, a Sociedade de Xestión do Xacobeo, "que está para as cuestións do día a día"

Por Xurxo Salgado | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/01/2018 | Actualizada ás 15:17

Comparte esta noticia

A Xunta terá un novo organismo público este ano, cun mega conselleiro e comisario encargado de xestionalo. Trátase do Xacobeo do 2021, un evento que Alberto Núñez Feijóo quere que sexa un revulsvio para o turismo en Galicia e que non se repitan "os problemas de improvisación" de 2010. O obxectivo, insistiu é lograr que o próximo Ano Santo sexa "o mellor da historia desde o punto de vista económico, social, turístico e espiritual".

Presentación dun acto do Xacobeo
Presentación dun acto do Xacobeo | Fonte: xunta

"Empezamos así o primeiro Consello do ano, coa esperanza de preparar un Xacobeo 2021 que marque unha década e funcione como un revulsivo para que Galicia sexa referencia en turismo nacional e internacional", proclamou Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

Este novo organismo estará presidido por el mesmo e nela haberá outros representantes da Vicepresidencia, de Cultura, de Turismo, da Secretaría Xeral de Medios, e do Xacobeo, ademais de representantes convidados, entre os que estarán un do Arcebispado de Santiago, outro do Concello de Santiago e representantes de cinco municipios polos que pasa o Camiño elixidos pola Fegamp.

DOUS CARGOS PARA O XACOBEO

Este mega conselleiro --que xestionará importantes recursos públicos-- nace como unha figura paralela á da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. Preguntado sobre esta dicotomía por GC, Feijóo suliñou que o xerente do Xacobeo e o novo conselleiro-comisario son figuras diferentes e desempeñarán funcións diferentes. "O xerente do Xacobeo xestiona o día a día do Xacobeo e o novo conselleiro delegado está para un evento extraordinario e será a cara visible do Xacobeo 2021", respondeu.

Por outra banda, Feijóo ratificou que, á espera dos datos de decembro, as últimas cifras estatísticas parecen indicar que Galicia "baterá a marca dos 5 millóns de turistas ene 2017". Á marxe da perspectiva cuantitativa, o presidente subliñou que "se mellora en todo" no sector turístico. "Melloramos en desestacionalización e aumentamos en estancia media e en turismo internacional", resumiu, antes de subliñar tamén que "os viaxeiros permaneceron máis días e gastaron máis".

Temas: FEIJóO XACOBEO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Farto de enchufes

Enchufado que enchufará a outros que enchufarán a outros, e así até o infinito. Cartos que estarían mellor gastados nun plano nacional para ir eliminando todo o feísmo que estraga o Camiño.

2 Outro máis

Outro a cobrar millons se facer nada, veña! No PP non hai crise!

1 Cubismo

Ole otro enchufado mas asi da gusto feijoneta