Que pasaría ante un accidente das grandes industrias químicas de Galicia?

A Xunta aproba os plans de emerxencia exterior en caso de accidente de Arteixo Química, Syngenta España e Cabo Prioriño.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/01/2018 | Actualizada ás 11:03

Comparte esta noticia

Os Plan de Emerxencia Exterior (PEE)  teñen como obxectivo previr e, se é o seu caso, mitigar as consecuencias dos posibles accidentes graves nos que interveñen substancias perigosas. Establecen as medidas de protección máis idóneas, os recursos humanos e materiais necesarios para a súa aplicación, e o esquema de coordinación das autoridades, organismos e servizos chamados a intervir.

Lume forestal preto da planta química que Syngenta ten no Porriño
Lume forestal preto da planta química que Syngenta ten no Porriño | Fonte: EP

Así, e se en Galicia hai un accidente grave cunha das industrias de materiais perigosos terían que existir xa zonas de intervención e alerta; sistemas de articulación coas organizacións das administracións municipais; procedementos concretos de información á poboación e, sobre todo, medios e recursos específicos para as actuacións previstas.

VISTO E PRACE A VARIOS PEE

E, precisamente, para previr un posible accidente grave en Galicia, o Consello da Xunta deu este xoves luz verde aos proxectos de decreto polos que se aproban os PEE de Cabo Prioriño, en Ferrol, así como as revisións e actualizacións dos PEE de Arteixo Química e de Syngenta España. Arteixo Química, en Arteixo, e Syngenta España, no Porriño e Mos, contaban xa cos seus respectivos plans de emerxencia, aprobados polo Decreto 49/2011, do 17 de marzo, pero agora facíase necesario aprobar a súa actualización.

Os tres plans foron remitidos aos concellos correspondentes, sometidos a información pública, e recibirán o informe favorable tanto pola Comisión Galega de Protección Civil como pola Comisión Permanente do Consello Nacional de Protección Civil.

Actualmente, a Xunta tiña aprobado un total de 10 PEE, aos cales agora se suma o de Cabo Prioriño. Deste xeito, todos os establecementos industriais que deben contar cun Plan de emerxencia exterior xa o teñen. A Xunta, ademais, lembra que o depósito de lodos vermellos de Alcoa en Xove conta tamén cun plan de emerxencia exterior elaborado para garantir a seguridade da poboación do contorno, e que está redactado conforme a normativa de minas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Dalle que libras

Como sexan como o de Reganosa, menudo cachondeo

1 Reganoxo dades

Tes razón por que xa non falades de Reganosa desde que apoia a alcaldesa de IU que cachondeo. http://www.ferrol360.es/el-suminist...