Investigan a un condutor de Ribadumia (Pontevedra) con positivo en alcol e drogas após fuxir dun control

Conducía co carné retirado xudicialmente e non levaba posto o cinto de seguridade

PONTEVEDRA | 12/01/2018 | Actualizada ás 12:20 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Efectivos do Destacamento de Tráfico da Guardia Civil de Pontevedra investigan por un delito contra a seguridade viaria a un veciño de Ribadumia que na madrugada do Día de Reis fuxiu dun control de velocidade e circulaba co carné retirado xudicialmente e sen cinto de seguridade, á vez que deu positivo na proba de alcol e drogas.

Investigado un veciño de Ribadumia após fuxirse dun contrl de velocidade
Investigado un veciño de Ribadumia após fuxirse dun contrl de velocidade | Fonte: Europa Press

Segundo informa o Instituto Armado, os feitos sucederon sobre as 8,30 horas do pasado 6 de xaneiro durante un control de velocidade que estaba establecido por un radar móbil, na estrada PO-531, á altura da parroquia de Baión, no municipio de Vilanova de Arousa, nun tramo de vía limitado a 50 quilómetros por hora.

A esa hora, o radar detectou un turismo Skoda-Octavia que circulaba a 81 quilómetros por hora que, poucos metros despois, desobedeceu o sinal de alto da patrulla que pretendía notificarlle a infracción e fuxiuse rodeando unha rotonda polo seu lado esquerdo.

A fuxida concluíu momentos despois cando o vehículo, debido "posiblemente ao exceso de velocidade", apunta a Benemérita, sufriu unha "aparatosa saída da vía", engaden as mesmas fontes, e chocou frontalmente contra con sinal de tráfico.

Ao proceder á súa identificación, a patrulla do Destacamento de Tráfico puido constatar que o condutor, ademais de circular sen cinto de seguridade, tiña vixente unha suspensión xudicial do permiso de conducir, por unha condución etílica e, á vez, deu positivo na proba de alcol e drogas.

DELITO CONTRA A SEGURIDADE VIARIA

Este veciño de Ribadumia procedeu a ser investigado como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria, do que pode derivar unha pena de prisión de tres a seis meses ou coa multa de seis a doce meses ou traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días e, en calquera caso, coa de privación do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores por tempo superior a un e até catro anos.

As dilixencias instruídas por estes feitos foron entregadas no Xulgado de Instrución Número 2 de Caldas de Reis.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta