Duras críticas a Feijóo por propoñer trasladar pacientes de urxencias a planta para acabar co colapso

"A solución dos colapsos sanitarios non pasa por amorear pacientes en habitacións", advirte a Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/01/2018 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública saíu ao paso das declaracións do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen defendeu a xestión nos servizos de urxencias nos hospitais públicos, malia os colapsos documentados, e apostou por abrir camas nas habitacións en planta para atender as urxencias. Unhas declaracións moi criticadas por SOS Sanidade Pública, que entende que tentar acabar cos colapsos dos servizos de urxencias a costa da comidade dos pacientes ingresados en planta é un erro.

Pacientes ciscados nos corredores de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), ante o colapso sanitario
Pacientes ciscados nos corredores de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), ante o colapso sanitario | Fonte: Asociación de Usuarios do CHUS.

A plataforma reitera a súa denuncia de que o colapso do sistema sanitario público galego é a "consecuencia directa da redución de camas e persoal e do abandono da Atención Primaria", debidos, din, "á política de recorte e desmantelamento da sanidade pública". Isto, censuran, non ten outro propósito que o de "potenciar os grupos hospitalarios privados internacionais que están realizando grandes investimentos na sanidade en Galicia".

Tamén insiten en que "a solución dos colapsos sanitarios non pasa por amorear pacientes nas habitacións en lugar de nos corredores" dos hospitais. Nese sentido, din que "parece que se pretende volver ás antigas salas dos hospitais provinciais con múltiples camas atendidas por persoal relixioso, que moita xente maior aínda recorda". 

A proposta de Feijóo —sobre o que lembran que é usuario da sanidade privada— é cualificada por SOS Sanidade Pública como unha "ocorrencia inxusta" que "pon en evidencia a súa radical ignorancia dos problemas sanitarios", xa que "unha cama hospitalaria non é un moble a improvisar, senón un conxunto de recursos profesionais (persoal medico, de enfermeira e auxiliar) e de aparellos tecnolóxicos que garanten a atención dos pacientes hospitalizados", expoñen.

Tamén alertan de que xuntar a pacientes de planta ingresados cos de urxencias suporía "riscos epidemiolóxicos derivados do acinamento de pacientes con infeccións respiratorias".

A solución do colapso da sanidade pública pasa, para esta plataformam por "recuperar os recursos recortados, unha planificación dos mesmos en función das necesidades de saúde da poboación, a potenciación da Atención Primaria e a dimisión dos responsables do caos, por ocorrencias como esta e pola súa incapacidade manifesta para xestionar a sanidade galega pública, como o conselleiro de Sanidade e o propio presidente da Xunta", argúen.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Correxir

Hacinados non existe en galego, procede do castelán haz (en galego feixe). Amerar, amontoar, aglomerar, apiñar, axuntar. Aquí vaille ben apiñar.

1 Correxir

*Amorear

1 nazismo pepeiro no chuo

que tolerio, que ideas... en Ourense a xente esta moi enfada, señorito frijoles pero que moito huxe saiu a xente moi enfadada en centos de persoas nas portas do chuo xente berrando traballadores e os familiares dos doentes, COMO PODE SER QUE INAGUREN UN HOSPITAL NOVO E QUE PRETENDAN PECHAR UN CENTO DE CAMAS NO MEDIO DO INVERNO, COA XENTE TIRADA NAS URXENCIAS... non señorito frijoles non e un-ha banda alucinada polo nacionalismo de traballadores psicopáticos o débiles mentais que impedían o acceso dun vello do pepeiro para facerse o chequeo diario nas urxencias do hospital, A XENTE ESTA MOI ENFADADA COAS DECLARACIONS DA XENRENCIA DE QUE NON ESTAN PECHANDO NADA QUE ESTAN CONCENTRANDO, e decir campo de concentración o CHUO, PRONTO SOLUCIONARAN COA EUTANASIA chegaran as PEPE-SS