Máis de 200 persoas financian un bosque autóctono nunha zona inzada de eucaliptos tras os lumes do 2006

A iniciativa ambiental participativa dos montes do Froxán, en Lousame, acada xa 6.000 euros. Os traballos comezarán no monte o próximo 20 de xaneiro.

Por Galicia Confidencial | Lousame | 12/01/2018 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

A campaña de micromecenado para converter eucaliptais en bosques de frondosas autóctonas no Monte Veciñal de Froxán está a bater récords de participación, tendo superado os 6.000 euros recadados en apenas 15 días. Uns cartos que serviron para que máis de 200 persoas teñan podido amadriñar 2.000 árbores para repoboar unha zona afectada polos lumes do 2006 e inzada de eucaliptos.

O proxecto prevé a plantación de carballos no canto de eucaliptos no monte Froxán.
O proxecto prevé a plantación de carballos no canto de eucaliptos no monte Froxán. | Fonte: kukumiku.com

As entidades promotoras (Verdegaia, a Sociedade Coluna Sanfins e a propia comunidade de montes) destacaron nun comunicado a xenerosidade de todas as persoas colaboradoras e anunciaron xa as primeiras xornadas de voluntariado convocadas para comezar os traballos ambientais. Ademais, anunciaron que esta mesma semana delimitouse sobre o terreno a primeira hectárea sobre a que se actuará cos fondos recadados ata o momento. 

Trátase dunha zona de vagoada que se vira afectada pola vaga de incendios de 2006 hoxe dominada por pés espontáneos de eucalipto. Os primeiros traballos realizaranse os días 20 de xaneiro e 4 de febreiro e está abertos ao público en xeral, sendo necesario anotarse cinco días antes enviando un email á Sociedade Coluna Sanfins (colunasanfins@gmail.com). A organización ofrecerá luvas, bocata e bebidas ás participantes.

NOVO PORTAL

En simultáneo lanzarase no portal biodiversidade.eu un mapa no que se demarcarán os anacos de monte amadriñados por cada persoa colaboradora, nos que se depositará ademais unha pedra rotulada co nome da persoa. Deste xeito poderáse seguir a evolución dos traballos ao longo do tempo e mesmo visitar en persoa a zona en calquera momento. As entidades promotoras lembran que poden continuar a facerse achegas, sendo o obxectivo último o de completar a substitución de eucalipto por máis de 13.000 árbores autóctonas nun total de 10 hectáreas.

O monte de Froxán, xunto co de Santiago de Covelo, foron os primeiros de todo o Estado a seren declarados Áreas Conservadas por Pobos Indíxenas e Comunidades Locais (ICCA), unha figura respaldada polo Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente que pretende destacar o empeño e resultados en materia de conservación realizado por estes colectivos. De feito, o de Froxán é o primeiro territorio deste tipo a ser incorporado á Base de datos mundial de Áreas Protexidas despois de pasar por un proceso nacional de revisión por pares.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

2 Os de sempre son os de sempre

Canta tontería teñen este da cidade. Meu Deus a onde chegamos!! E pensar que seguro que máis da metade deses "padriños" estudaron e comeron grazas aos pinos e os eucaliptos de se seus avós e seus páis. Menudas lendias ecoloxista que queren acaban coa riqueza deste país. Por certo, iluminados, "13.000 árbores autóctonas nun total de 10 ha ", sae a 1300 pes/ha, que pensades que son repolos? Ou que non medran? Xa que as ides plantar polo menos poñede os castiñeiros a 625 pes/ha de máximo (4 x 4) e se son de castaña a 10 x 10 (100 pes/ha) e os carballos a 4 x 4. Xa se ve o que sabedes de monte e especies... que logo tedes que arrincalos e perdedes padriños e cometedes asasinato!!!

1 Silvario

Ai mimá... não tens reparo de dizer tantas burradas em público? 1.300 pés de carvalhos por hectárea é o mínimo de mínimos como densidade inicial. Isso sabe-o qualquer estudante de 1º de forestais, qualquer "lendia ecoloxista" e qualquer paisano que mire para o monte. Por se te queres informar... https://silvicultura.wikispaces.com...+robur#Selvi

2 Silvario

silvicultura.wikispaces.com/Quercus+robur#Selvi

3 A verdade

Silvario. Denotas unha falta total de experiencia nestes temas e xa se ve que eres un wiki de cidade que pensa que todo se saca de internet. Ao estudiante de primeiro de forestais tamen lle aprenden que se poden sacar 10000 euros ao ano dunha plantación de castiñeiros ou que as frondosas xeran máis rendemento que o eucalipto, ou que o eucalipto degrada os solos..... Invítote a sair máis ao monte, ver plantacións xa feitas, falar coa xente......menos internet e más campo, estudiante.

4 Arrasar

Depois se tal pásome pola cafetaria de ENCE e explícasme como arrasar co país.

5 Ocalitro

E mentres non quedemos... vai lendo: http://noticias.uc.pt/universo-uc/e...

1 (ilusionistas unidos expaña)

non e un-ha experiencia nova de feito e un refrito... un P... refrito, un remaque do que xa fan desde vai moitos anos na chamada finca de reborainas, "ducado de -Vieiras, onde teñen "ledos campesiÑos" antiguamente chamados palurdos que traballan na exida do señorio cunha sorrisa nos beizos, no medio da xornada corre o bo viño e o caldo (incluso con trozos de touciño nas berzas e fabas), si desde aquí queremos desmentir as malidicentes informacions que falan de "viquingos" e de xentes de acabalo que vixian nos camiños para impedir as fugas do paisanaxe, non meus amigos e todo traballo "voluntario" polo señorio, pola inquebrantable fidelidade o señor na terra (e si a xente tamen leva para deixar na porta da casa -Vieiras, sacos de patacas e cestos con viandas... a xente e moi do feudo... todo e con ilusión, con esperanza... PERSEVERANCIA!!!! VIVA -VIEIRAS!!!!