Temas: BNG ELECCIóNS

O BNG pon en marcha a maquinaria electoral para as municipais de 2019

Promoverá a "marca" de "concello BNG" co modelo de Pontevedra e Allariz no ámbito urbano e rural, respectivamente.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 17/01/2018 | Actualizada ás 12:34

Comparte esta noticia

O Consello Nacional do BNG arrancará este sábado a maquinaria electoral da formación nacionalista para as eleccións municipais de 2019 e aprobará a folla de ruta que lle levará a ter candidatos o 25 de xullo, coincidindo coa celebración do Día da Patria.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, na asemblea nacional
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, na asemblea nacional | Fonte: Europa Press

Segundo fontes nacionalistas, o máximo órgano de dirección do Bloque entre asembleas dará luz verde ao regulamento que rexerá a conformación das súas candidaturas, que elixirán os consellos locais. No entanto, a Executiva "terá un papel de coordinación na selección das persoas que serán cabeza de cartel nas sete cidades".

A idea, explican estas fontes, é apostar pola "renovación sen renunciar á experiencia e aos valores municipais cos que conta a formación nacionalista, tendo en conta a paridade de xénero e reforzando a incorporación de xente nova".

O "obxectivo", engaden, é "conseguir as mellores candidaturas", para o que os nacionalistas se marcan un calendario "flexible, sen prazos ríxidos", agás para as cidades, para as que quedará especificada a data do 25 de xullo.

A MARCA

Despois de que nos últimos anos o BNG probase distintas fórmulas para presentarse ás eleccións, mesmo chegando a renunciar á súa marca nas últimas eleccións xerais, neste caso, segundo as fontes consultadas, o protagonismo das siglas BNG --que no último ano renovou o seu logotipo-- non quedará minimizado.

En 2015, o BNG impulsou as denominadas 'asembleas abertas', que no seu día trataron de aglutinar persoas ou forzas políticas da órbita nacionalista no momento en que irromperon as denominadas candidaturas cidadás.

Os últimos anos estiveron marcados polos experimentos, sempre errados polas discrepancias respecto diso da incorporación de forzas con implantación estatal, de chegar a acordos entre o BNG e outras forzas escindidas da fronte nacionalista para conformar candidaturas de 'unidade popular' e chegáronse a crear distintas plataformas para lograr este obxectivo que non se conseguiu.

Após dous anos e medio de lexislatura municipal, e outras citas electorais por medio, consolidáronse dous espazos separados. Por unha banda está o BNG con gobernos como o de Pontevedra como buque insignia e, por outro, as mareas, nas que participa Anova --formación nacionalista que no seu día se escindiu do Bloque--, e que ten os seus referentes en Martiño Noriega en Santiago, Xulio Ferreiro na Coruña e Jorge Suárez (aínda que nunha situación distinta pola debilidade do seu goberno) en Ferrol.

Con estes precedentes, o BNG arrinca xa a súa maquinaria electoral á marxe de calquera aproximación que se abordou no pasado, mentres as mareas e o seu referente autonómico En Marea son os que teñen que clarificar aínda como acudirán ás urnas, tendo en conta que nesta ocasión Podemos si que se quere presentar coa súa marca no conxunto do Estado.

REDACCIÓN DE PROGRAMA

Á marxe da elección de candidatos, o Bloque tamén iniciou o proceso de redacción dos programas electorais, tendo en conta que haberá "un proxecto de cidade" específico para cada unha das grandes urbes galegas.

Así, as mesmas fontes apuntaron que o BNG porá en valor o "prestixio" dos seus gobernos municipais, en particular, en concellos como o de Pontevedra no ámbito urbano, ou o de Allariz, no rural, como "imaxe de marca de concellos BNG", asociada a "políticas de benestar, calidade e rexeneración urbana e dinamismo económico e social".

Ademais de Pontevedra e Allariz, como "referentes de longa traxectoria e gobernos totalmente consolidados", o BNG tamén sacará peito do traballo desenvolvido en Carballo, Poio, Tomiño, Bueu, Muras, San Sadurniño e outros onde goberna.

Temas: BNG ELECCIóNS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

12 anonimo

Canto topicazo, deuses. A cuestión non é repetir eso de autonomía para federarse, república federal ou cousas así. A cuestión ( entre outras) é que Galicia é un país de vellos, cunhas pensións ( das que viven moitos galegos ) imposibles de pagar co que cotiza eiquí. Eso non o arranxa a república federativa ibérica, ou o estado independente socialista galego (.Venezuela, o socialismo do século XXI, ten una inflación do 2000 % anual). Hoxe, a maior parte do gasto dos estados van en pensións, sanidade e educación. Agora, se o queredes é repetir os topicazos de sempre, pois nada, a seguir.

11 Alexandre6

Nova do BNG? Todos a ladrar: que se Lores (quem nos dera um alcalde assím nas sete cidades do País), que se touradas,... Nova do PP? Cri, cri... Cri, cri... Despois algúns falam de confluir e demais.

1 Lozano e Lores SLU

O BNG provoca paixóns encontradas. Hai cans que ladran pola raiba que lle teñen, e outros para defender o amo (mírate no espello). Acreditar nun líder salvador, único e imprescindible fai que a confianza na organización e nas ideas sexa nula: ben pouca credes no proxecto e na pluralidade no BNG para exaltar a un figura. Facela intocable amosa as súas debilidades (os coqueteos co españolismo nos espectáculos e nos medios son imposibles de negar, podedes seguir tapando, non hai manta que chegue!), e as vosas propias contradicións como organización pechada e de obediencia á cúpula e ao aparato: acabades de darlle plenos poderes para decidir no caso dos cabezas de lista das cidades (contra as bases, ollo ao piollo!). Logo, abonda con lembrar a Castrillo en Vigo, ou a Xaime Bello en Ferrol, para saber dos 'éxitos' do BNG nas cidades. O maior logro, sen dúbida, foi sacrificarse para asentar a Caballero en Vigo, o rancio españolismo do PsoE nunca vos dará recompensado!

10 Bunga5

69.000 eurazos para Lores cada ano. O alcalde mellor pagado de Galicia é do BNG. Of course.

1 Verdadeiro da verdade certa

As mentiras teñen as patas coxas, todos saben que o salario é de únicamente 18 mil euros, pois o resto vai para a organización frentista do Bloque... e o que non dis e a verdade que e o mellora alcalde de Pontevedra!!! nembargantes os alcaldes mareistas viven coma autenticos deuses en coruñas e santiAGE de componendas, en hierrol non sei pero todo o que cobrase anque soamente fose un euro, seria un euro cobrado demais, xa que a situación do hierrol e desastrosa, creo que o pe$oe tamen esta implicado no desastre, a marea trouxo palabras bonitas, pero nada mais, un-ha xestión pésima co visto bo do socialato, en SantiAGE o alcalde vive apegotado das faldas do obispo e das sincuras tamen e pola outra banda sempre esta rodeado do presidente da untada da malicia DON FRIJOLES

2 comunista independentista

"(...) todos saben que o salario é de únicamente 18 mil euros, pois o resto vai para a organización frentista do Bloque (...)", entón estás a confesar que o que queda do Bloque se financia desviando cartos públicos? Todo correcto.

3 Natacha Kollontai Restrevas

E que? Non trinca do público o partido para darlle a M. Rajoy, ou M. Rajoy para darlle ao partido, ou ambos... E todo é legal. Acaso no BNG somos mancos? E os cargos das Mareas de Podemos non aportan a Caixa común? Ou deberían, que os hai pouco disciplinados coa tallada de cartos públicos a deixar para o partido e alimento dos servos agradecidos de nome LKomunistaIndechupatintas.

9 O POBO GALEGO XA SABE

tremede, tremede.... meus amigos GALIZA ESPERTA!!!!! O POBO GALEGO ERGUESE CONTRA A INOMINIA E A IDOCIA!!!! FRONTE O EXPAÑOLISMO DELICTUOSO!!!!! e namentras o -vieirismo esta xa liquidado a putrefacción e o cheiro a morto e que alcatrea e pecha xa totalmente as gorxas e as napias... O PODREIROS ESTA XA FAGOCITANDO AS MAREAS... AS MAREAS SON PODREIROS E PODRIROS E AS MAREAS!!!!

8 nostrus

A min o que faga o RNG traeme ao pairo, pero respetoo tanto como a Falange ou o Ku Kux klan. Viva Galicia.

1 Nexus 6.2

Camarada Nostrus, los fascistas, tu y yo lo somos (uno declarado públicamente y otro vergonzoso, en el armario), no debemos respetar a los indeseables rojos y separatistas. Además, como muy bien sabes, hay distinción de clases. La categoría Español es superior. No es lo mismo una agrupación o secta de renegados locales que la autenticidad de los patriotas españoles. La Falange asiste a actos de la mano de Ciudadanos, apoya en público sus candidatos y pide el voto para Inés Arrimadas. Y nuestro común admirado intelectual de Ciudadanos, Girauta, está en la órbita de la ultraderecha sin complejos (la confraternización con Pío Moa, de la región gallega como nuestro Caudillo, lo prueba). Por tanto, patriota Nostrus, valentía y a por ellos!

2 Cipollina en Tabernia

E deste que opinas Nostrus: https://www.elplural.com/politica/2... E o resto de chachiguaisprogres que aplaudides isto e tedes coma canles de referencia a quen o publicita.

3 Cipollina en Tabernia

Porque Nostrus dá a cara, pero vós, que sodes igual de ninistas ca el escondédesvos debaixo dunha pátina de pseudoprogresía e palabrería que nin sequera é capaz de defender o esencial: un partido republicano, de esquerdas e federal.

4 nostrus

Cipollina en Tabernia. Pois encantame a idea de Tabarnia, eso mesmo levoo defendendo eu hai anos. Si Cataluña ten direito a decidir, tamen o teñen Barcelona e Tarragona xuntas ou por separado, depende de como mais guste. Tamen teñen direito a decidir O Salnés, O Barbanza, Ribadavia ctr. Tan só hai que ter unha idea, inda que sexa descabelada e seguro que atoparemos modo de levala a cavo. por eso o necionalismo é baease no absurdo.