Substitúen eucaliptos en Lousame por máis de 1.000 árbores autóctonas

Forma parte dunha iniciativa de 'crowfunding' que recadou máis de 8.000 euros en apenas só 20 días.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2018 | Actualizada ás 18:01

Comparte esta noticia

Organizacións ecoloxistas e veciñais desenvolveron este sábado a primeira xornada dunha plantación colectiva de máis de 1.000 árbores de especies autóctonas en substitución de exemplares de eucaliptos, nunha zona do monte Froxán, de Lousame (A Coruña), como parte dunha iniciativa de 'crowfunding' que recadou máis de 8.000 euros en apenas só 20 días.

O proxecto prevé a plantación de carballos no canto de eucaliptos no monte Froxán.
O proxecto prevé a plantación de carballos no canto de eucaliptos no monte Froxán. | Fonte: kukumiku.com

Trátase dunha iniciativa na que se implicaron as entidades Verdegaia, a Sociedade Coluna Sanfins e a propia Comunidade do Monte de Froxán, e que permitirá a plantación de carballos, bidueiros, cerdeiras ou fresnos, ademais doutras "frondosas" especies autóctonas, na primeira hectárea "amadriñada" este mes.

O obxectivo final do proxecto é restaurar o bosque autóctono nun espazo total de 10 hectáreas. Calquera persona poderá "amadriñar" unha árbore, conca ou ferrado a través da plataforma de 'micromecenazgo 'Kukumiku', segundo informan os organizadores, ademais de participar como voluntario nas actividades que se irán convocando.

As actividades iranse prolongando ao longo do ano -a seguinte xornada de traballo será o 4 de febreiro-, segundo se acaden os distintos obxectivos de financiamento. Ao pé de cada árbore ou espazo 'amadriñado' colocarase unha pedra rotulada co nome da persona participante no proxecto.

A xornada deste sábado, que se fixou como obxectivo actuar nunha hectárea de terreo, dividiuse en dúas partes. Na quenda da mañá, medio centenar de persoas voluntarias, incluídas as integrantes do equipo feminino de Rugby de Vigo, realizaron a plantación nas primeiras zonas delimitadas para a substitución de eucalipto.

"CORTALUMES VERDE"

A zona de vaguada na que se traballou viuse afectada polos incendios que afectaron á comarca en 2006 e, de novo, por un lume sufrido en maio de 2016. No lugar nace o río San Fins, que se xunta á Traba e a apenas un quilómetro das localidades de Muros e Noia. Con esta iniciativa, preténdese crear un "cortalumes verde" nunha zona sensible de cabeceira da conca, importante para a regulación dos recursos hídricos e o bo estado das augas.

Xa durante a tarde, as actividades dirixíronse aos nenos integrantes da Escola Semente Compostela que, acompañados das súas familias e do resto de voluntarios, continuaron cos traballos na segunda das parcelas delimitadas e na contorna da aula de Natureza da comunidade de Froxán, na que se plantaron varios centenares de árbores en substitución de acacias e eucaliptos.

A actividade enmárcase na proposta pedagóxica "Montescola", que busca aproximar aos máis novos "o monte e a importancia social da súa conservación". Desde Verdegaia lémbrase que o monte de Froxán, xunto co de Santiago de Covelo, foi o primeiro de todo o país en ser declarado Área conservada por pobos indíxenas e comunidades locais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Luciana

Una pena que se sigan talando tantos árboles,los seres humanos estamos haciendo tonterías con el medio ambiente. Eso repercute en la salud, yo estoy con los eosinofilos por las nubes, por todas las bacterias que me atacan por la mala administración de la comida que consumimos.