O 112 Galicia xestionou un 7% máis de incidencias en 2017 e a vespa velutina xa supón o 20% das intervencións

A central atende unha media de 645 chamadas diarias

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2018 | Actualizada ás 14:09 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O centro de atención de emerxencias 112 Galicia xestionou en 2017 un total de 237.973 incidencias en 2017, o que supón un 7% máis que en 2016 e un 15% máis que en 2015, entre as 1.014.103 chamadas recibidas.

Marcos Araújo (izq.) e Luís Menor (der.)
Marcos Araújo (izq.) e Luís Menor (der.) | Fonte: Europa Press

Desas intervencións, as relacionadas coa vespa velutina xa supoñen o 20% do total de incidencias xestionadas polo 112. Á cabeza están as vinculadas a prevención de riscos, incendios e salvamento (o 30%), seguidas das asistencias sanitarias (28%). O 13% das emerxencias requiriron a forzas de seguridade, após o que se atopan os accidentes de tráfico (8%).

Así, unha de cada catro chamadas xerou unha situación de emerxencia, o que deu lugar á mobilización de medios e recursos de intervención. Os maiores picos de alertas producíronse na época estival, con máis visitantes en Galicia.

Diso informaron este martes en rolda de prensa o director xeral de Emerxencias, Luís Menor, e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), Marcos Araújo.

No tocante ás chamadas maliciosas, Emerxencias detecta unha tendencia á baixa, aínda que supoñen aínda ao redor do 6%, similar a 2016. Por iso, chámase á poboación a facer un uso responsable deste servizo.

GRAO DE SATISFACCIÓN

Do total de 1.014.103 chamadas ao 112 en 2017, máis do 70% xa foron atendidas desde abril no centro do 112 na Estrada, logo do cambio de sede desde Santiago de Compostela. Segundo a Xunta, este complexo multiplica "nun 125%" a capacidade de resposta.

Con base nos datos achegados este martes, o 94% das persoas enquisadas nestes últimos meses consideran que a súa chamada ao 112 foi rápida e o trato recibido polo persoal da central resultou cordial e dilixente.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta