Unha estatua de 60.000 euros públicos acaba no lixo

GC presenta as fotografías que proban como a desidia Parlamento de Galicia permitiu que unha obra de arte pagada por todos remate nun vertedoiro preto de Santiago.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 14/01/2011 | Actualizada ás 20:59

Comparte esta noticia

En 2006 o Parlamento de Galicia pagou 60.000 por unha estatua do coñecido arquitecto e escultor compostelán Fernando Blanco. GC presenta agora as fotografías que demostran que a obra de arte atópase nun vertedoiro, no Milladoiro, límite entre os concellos de Teo e Ames.

None

Primeiro éxito de GC Aberto

A publicación destas fotos é produto do lanzamento de GC Aberto, o novo sistema de Galicia Confidencial que permite aos lectores subir noticias directamente. Foi un usuario de GC quen primeiro localizou a creación tirada no lixo.

A estatua comprouse como parte dos actos do 25º aniversario da Cámara Galega. Malia que a Xunta dispón de numerosos museos de arte contemporánea (por exemplo o CGAC, situado a 10 minutos do Parlamento), o Parlamento preferiu botala ao lixo no lugar de restaurala para que seguise sendo parte do patrimonio público. Cómpre lembrar que as obras de arte acostuman a gañar valor co paso dos anos.

O PSOE mercouna, o PP desfíxose dela

O PSOE tiña a presidencia do Parlamento cando se adquiriu a estatua. Segundo declarou a empresa que a fabricou e instalou a El País, en 2008 fíxose unha inspección e presentouse un plan de mantemento.

None

Con todo, a nova presidencia da Cámara, nas mans do PPdeG, decidiu finalmente desfacerse da obra de Fernando Blanco. O diario informou que o Parlamento alegaba que a estatua estaba "podre" e era irrecuperábel.

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 66 comentarios

19 compostelana

A ver se acaba igual a estatua de Ratzinger, obra efémera 100% que se nos impuxo aos composteláns desde o Concello e as catacumbas da estrema dereita.

18 Troy

A escultura representaba como o poder emanaba da rúa cos seus votos, entraba no parlamento, e voltaba á rúa. Conceptualmente impecable. O seu destino amosa que é unha obra de arte viva que segue a interactuar. Hoxe, tralo estado de alarma e demais actuacións dos gobernos central e autonómico, o poder dos votos, a nosa democracia está no lixo. Deberían poñer unha tele ou unha estatua de Belén Esteban no seu lugar. A verdadeira interactuación entre o pobo e os políticos.

1 CranioFurado

"Emanaba"... Emanou tanto que acabou no chan. Pensar que se gastan cartos nesas cousas que...emanan. Do meu peto só emanan arañas. Qué noxo de políticos.

17 Rayleigh

Creo que esto é unha metáfora que explica a perfección o odio e o sectarismo desta xente do PP. Como non a colocaron eles mesmos, non vale. E tamén a forma de comportarse desta xentiña ante acordos que eles mesmos firman con outras forzas, que para eles son sempre papel mollado.

16 Navegante

Atopei isto na rede, onde se explican detalles desta historia: http://anossalingua.forum-livre.com...

1 Teresa

Grazas! Góstame o de parlamentinho (faime lembrar a unha persoa moi querida por mín que así lle dí)

15 Galego

Por qué non ledes a ligazón de El Pais: "Blanco se muestra dolido porque en el interior de la estructura le hizo "un pequeño homenaje, como un altar privado" a un amigo fallecido". Cómo é posible que en algo público, se faga unha homenaxe privada? Xa sabemos que o PP non é santo de devoción de moitos e miña tampouco, pero cargarlle tódolos males?

1 rumoroso

E que carallo ten que ver esa altar co feito de tiren a un vertedoiro algo polo que pagaron 10 millóns de pesetas? Ou estiveron mal pagados, ou cagárona ao non manter a escultura.

2 Manda caralho!

Tu chegache tarde ao reparto de cérebros, nom é? ESSA ESCULTURA NOM É DO FERNANDO BLANCO, É NOSSA. Como o jardim do parlamento nom é dos pepeiros, senom dos galegos. Isto é outro atentado mais contra o nosso património, neste caso o nosso PATRIMÓNIO ARTÍSTICO. E quem a consideram cara, eis uma razom mais para nom tirar com ela.

3 Rayleigh

En que consiste ese "pequeno homenaxe"? Eu tamén podo dicir que a min gostábame, recordábame algo. Iso significa que "gastaron 60 mil € en facer algo que so entende un cidadán, ou sexa eu"? O importante é a razón pola cal se puxo. O demáis, é un intento de xustificar o inxustificable.

4 mceleiro

Este país é o país da incultura. A «pequena homenagem» é ao grandíssimo escultor ourensão Luís Borrajo, que infelizmente morreu sem o reconhecimento e homenagens que merecia. http://www.lavozdegalicia.es/hemero...

5 mceleiro

PS: Mas nesta Galiza ensombrecida pola ignorância, o auto-ódio e o analfabetismo, os galegos sabem quem é Cañita Brava e não sabem quem é Luís Borrajo.