Temas: PODEMOS

Podemos depurará o seu censo para evitar que inscritos non activos voten nos seus procesos internos

A formación morada insta a que a "verificación" se faga "canto antes" polas consultas que realizará de cara ás municipais

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/01/2018 | Actualizada ás 18:44

Comparte esta noticia

Podemos Galicia iniciou un proceso de "verificación" do seu censo, que ascende a 22.000 persoas, 14.700 delas "activas". Así, os inscritos da formación morada terán que achegar o seu DNI para obter a súa "credencial de compañeiro", o que lles permitirá participar nas consultas internas da formación. Este requisito non era necesario até o momento e xa foi imposto a nivel estatal o pasado verán.

Carmen Santos, secretaria xeral de Podemos Galicia
Carmen Santos, secretaria xeral de Podemos Galicia | Fonte: Europa Press

Diso deu conta o secretario de organización do partido en Galicia, Juan Merlo, nunha conferencia de prensa na que tamén participaron a secretaria xeral da formación morada, Carmen Santos, e o secretario de mar, Rogelio Santos.

As 22.000 persoas inscritas no censo de Podemos Galicia deberán identificarse achegando o seu DNI e, deste xeito, recibirán unha credencial, similar ao "carné de partido" que teñen noutras formacións. Este proceso --denominado na Comunidade galega '#identifícateconPodemos'-- xa foi impulsado desde a dirección estatal do partido o pasado verán.

Merlo indicou que se trata dun "paso importante" enfocado a mellorar "a participación activa" dos inscritos, á vez que incidiu na importancia de facelo "canto antes" ante as consultas que a formación morada realizará de cara a configurar en que modo participa as eleccións municipais de 2019.

O responsable de organización tamén sinalou que das 22.000 persoas inscritas, un total de 14.700 estiveron "activas" no últimos seis meses. Merlo valorou este dato, xa que no segundo semestre de 2017 "non houbo consultas importantes" como si houbo no principio do ano, cando Podemos celebrou o seu conclave a nivel nacional baixo o nome de Vistalegre II.

Así mesmo, Podemos Galicia instalará un punto de apoio en catro localidades galegas --Lugo, Pontevedra, A Coruña e Vigo-- para axudar aos seus simpatizantes a formalizar a súa identificación, unha idea especialmente pensada "para as persoas con máis problemas coa fenda dixital".

Temas: PODEMOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Pregunta Chovi

E quitando os liberados cales son os activos

2 nostrus

Houbo unha época na que Podemos era tan aberto que era unha coladeira na que se apuntaba todo aquel que queria ou que non tiña nada que facer, ou tame que non tiña ningún tipo de escrúpulos, pero ahora vese que prefiere ser como os demais partidos. Con eso demóstrase que a demagoxia pouco a pouco vai dando paso a realidade, pero, inda que se tratye de esconder a demagoxia, segue en pe a sinvergüenceria. A xente non é tan ton-ta como a pretenden facer.

1 troske tamen foi purgado

entre o conde das -Vieiras (señoria de reborainas "o feudo") e a marquesa de bugallal "o podreiros" están montando una empanada de marea de moito carall-o, como do 29... E purga... están purgando, asi fixeron na anova onde os mozos anovados foron reanovados, asi están facendo agora no podreiros, para instaurar un-ha marea dirixida por catro alcaldes desde arriba coa colaboración do podreiros madrileñista o xuiz "villanías" esta en OFF, e o -Vieiras aconsella por aquí por acola, mais ou menos decindo SI PODREIROS MANDRILES TEN AQUELAS COUSAS, AQUELAS COUSIÑAS, PERO NON E O MELLOR... están sendo o que xa sabemos uns "botejaras ciapiunos" o servizo de expaña... esperemos que o comando agresivo os cadelos mordedores o grupo cheira non teñan que sair, os teran atados durante o espectáculo podreiro lamentable de "limpeza militante"