A CIG convoca os xubilados a defender o sistema público de pensións

Haberá concentracións nas sete grandes cidades galegas en defensa do sistema público de pensións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/01/2018 | Actualizada ás 18:10

Comparte esta noticia

O colectivo de xubilados da CIG ten convocadas para este mércores, 31 de xaneiro, concentracións nas sete grandes cidades galegas en defensa do sistema público de pensións.

Protesta do colectivo de xubilados da CIG
Protesta do colectivo de xubilados da CIG

A mobilización tamén se presenta en defensa do poder adquisitivo das pensións e polo dereito a que as mínimas sexan iguais ao salario mínimo interprofesional.

A central nacionalista critica que "coas sucesivas reformas aprobadas tanto polo PSOE como polo PP, durante varios exercicios, non se revisou o importe nominal das pensións, ou se fixo por baixo da inflación".

Estas reformas, segundo denuncia, "complican cada vez máis o acceso ás pensións contributivas, diminúen as contías das pensións de quen accede ao sistema e atrasan a idade efectiva de xubilación".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

3 CigososNON

O que todos queremos é ter as pensións máximas, do mesmo xeito que lles adoita pasar aos liberados sindicais da CIG. Ou non?

2 Nexus 6

Pero antes de ir a berrear por la calle contra Franco, que no olviden ponerse el pañal...o cambiarlo. Les aconsejo llevar uno de repuesto, ya que en el fragor del griterío los esfínteres tienden a relajarse y ya se sabe lo que pasa cuando esto sucede. ¡Feliz Manifa!

1 Bernardo

Sempre por libre.A ver cando vis unides á unidade que fai a forza.Puro sectarismo.

1 Dalle que libras

Xa sabes que a UPG non quere acordos con ninguén

2 Congfluíndo

Que unidade con CC OO UGHT e a Patronal se xa estades unidos ho deixade á CIG-UPG que sexa seitaria tanto mal vos fai un único sindicato

3 Bernal Calvo Delaciga

Se a CIG for coerente confluiría cos sindicatos das Marchas (STEG, CUT, CXT, CNT...) e non cos da Patronal (CCOO, UXT, USO...) como fai habitualmente ao estar sometida á desastrosa estratexia sindical da UPG.