Por Galicia Confidencial | Lugo | 05/02/2018 | Actualizada ás 14:29
A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo vén de poñer en marcha unha nova edición da campaña Desenmascara o machismo, unha iniciativa por un entroido libre de sexismo e para que os nenos non leven os disfraces que resalten a súa masculinidade as mulleres sexan vistas como obxectos sexuais.
A campaña ten por finalidade ensinar a vivir o entroido libre de roles e estereotipos sexistas dende a nenez. Céntrase, principalmente, na responsabilidade á hora de comprar disfraz e inclúe algunhas cuestións a ter en conta no momento da súa selección, sobre todo para os infantís.
Por iso, insta a pais e mozos a descartar aqueles disfraces que supoñan unha hipersexualización, por exemplo os que teñen dúas versións, temáticos para o neno e sexy para a nena, que os disfraces podan ser utilizados indistintamente polas nenas e nenos, que desenvolvan a imaxianción e que favorezan a cretividade, entre outros.
Este tipo de iniciativas non é nova. De feito, este concello xa ten realizado campañas semellantes contra o machismo e o sexismo noutras festividades, como o Arde Lucus ou o San Froilán.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.