A deputada popular Paula Prado indigna a En Marea e BNG por vinculalos con terroristas e verdugos

"Vostedes están cos verdugos", díxolles durante un debate sobre a prisión revisable permanente. Os líderes de En Marea e o BNG estupefactos cos ataques da política popular.

Por Galicia Confidencial | | 07/02/2018 | Actualizada ás 13:22

Comparte esta noticia

A deputada popular Paula Prado volveuna liar no Pleno do Parlamento galego. Non é a primeira vez, nin será a última, que intervencións da política do PP indignan aos seus colegos da oposición. Pero este mércores cruzou unha delgada liña que colmou a paciencia de moitos deles.

Paula Prado no Parlamento Galego
Paula Prado no Parlamento Galego

"Vostedes están cos verdugos", espetoulles Paula Prado aos deputados de En Marea e do BNG durante un debate sobre a prisión permanente revisable. Unha alusión en relación aos terroristas e aos autores dos asasinatos por violación, como os de Diana Quer, que indignou de inmediato á oposición que pediu responsabilidades por esa expresión.

Lonxe e rectificar, Paula Prado, insistiu nos seus ataques. "Están do lado dos verdugos porque xente deses partidos estiveron co señor Otegui, que está condenado por terrorismo. Por iso están do lado dos verdugos", mantivo. E novo rebumbio na Cámara a conta das novas explicacións da popular.

Miguel Santalices, presidente da Cámara, non daba a basto a tentar controlar unha sesión que ameazou en dúas ocasións con suspender se non se matiña a calma. Unha vez rematada a intervención de Prado, Santalices pediulle que retirara a expresión "están cos verdugos". "Bueno, cambio por que están cos terroristas", insistiu na súa teima de enfrontarse coa oposición.  E, novamente, un novo rebumbio na Cámara.

ENFRONTAMENTO

"Dígolle que rectifique a expresión. Cambiar verdugo por terrorista non axuda",  díxolle Santalices. Pero a deputada popular non quixo dar o brazo a torcer; "pois que están en fotos con terroristas",insistiu. "Queda retirada esa expresión da orde do día", cortou o presidente da Cámara que, inmediatamente, tivo que enfrontarse ás reclamacións de Luís Villares e de Ana Pontón que pediron a palabra.

"É indignante ter que escoitar o que nos di esta deputada", protestou Pontón. "E que non retirou a expresión. Ten vostede que obrigala a facelo", engadiu Villares. Pero Santalices quixo cortar rápido un debate que se lle escapaba das mans e con puñadas nos escanos por parte de parlamentarios de En Marea e do BNG. "Xa está todo retirado, seguinte punto", resolveu.

Posteriormente, e xa no debate doutra iniciativa, o presidente da Cámara tomou a palabra para suliñar que, "igual ás veces se equivoca" e que, como fora advertido de que non chamara a orde a Paula Prado, "pois rectifico que esta deputada ten unha chamada á orde". E así deu por rematada a gran polémica do pleno do día.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

10 Pregunto_eu

Terrorismo: " Dominación por el terror." segundo o dicionario da RAE . Que da máis terror? ver unha foto dunha persoa con Otegui ou ver como a unha señora con andador lle poden poñer unha falsa denuncia para multala con 30000 euros por protestar porque a estafaron nun banco?. Otegui ou o ministro de Interior pedindo calquera cousa contra Mas en conversación privada?

9 Erundino

Joder como está la falange! Yo siempre quise saber que tomaba esta ¿señora? desde los tiempos en que andaba de botellón con Ángel Espadas. Sabiendo lo que toma se entienden estas cosas

8 Artefacto

Esto soluciona-se ben facil: acepto ser amigo de terroristas (por Otegui) se voste acepta se-lo de Asesinos Fascistas (por Fraga Iribarne)....e sen mais discusion....

7 anonimo

Novina ¿Tú crees? ¿No será la osadía de la ignorancia? Neniña... Que alguien que no conoce las normas que usa cualquier persona alfabetizada en español pueda decidir con su voto los destinos del país ¿no es un poco fuerte? Aquí se comprueba que el sufragio universal cuando no es un fraude fabuloso es una mixtificación. Para conducir necesitamos un carnet. Aquí estamos en manos de analfabetos que creen tener idea de algo cuando no saben nada, porque no dan de si, porque no pudieron ni aprender las cuatro reglas... Y votan. No, no es normal.

6 Noxo!

Falange Española -> Movimiento Nacional -> Alianza Popular -> Partido Popular. O continuum político-criminal responsábel pola morte de máis de 2 millóns de persoas desde 1936. Por non falar dos centos de miles de torturados, represaliados e exilados. Se tivesedes un mínimo de vergoña, os trolls PePerros estariades calados.