Temas: FERROL EN MAREA

Ferrol en Común tamén manterá a "marca" para presentarse ás municipais en 2019

Jorge Suárez móstrase "plenamente convencido" de que teñen opcións a revalidar a Alcaldía. A asemblea decide crear unha coordinadora para apoiar ao grupo municipal.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 08/02/2018 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

Ferrol en Común volverase a presentar "coa mesma marca" ás municipais de 2019, ano no que o actual rexedor, Jorge Suárez, propón que se elixa ao candidato á Alcaldía. Así o acordou a asemblea deste partido instrumental, ao que pertencen a maioría dos integrantes do goberno municipal. No encontro, os participantes aprobaron uns novos estatutos que servirán para "dar continuidade" á política municipal.

Jorge Suárez, alcalde de Ferrol
Jorge Suárez, alcalde de Ferrol | Fonte: pablolorosa.com

Ademais, a asemblea, na que participaron medio centenar de inscritos, acordou crear unha coordinadora que dentro da estrutura da propia organización terá voz propia e servirá tamén para dar respaldo ao grupo municipal.

Tras el evento, Suárez destacou que, con esta aprobación, Ferrol en Común continúa avanzando cara a un proceso que, segundo considerou, será "complexo" polas circunstancias do executivo local. Con todo, mostrouse "plenamente convencido" de que teñen opcións a revalidar a Alcaldía.

COORDINADORA

O rexedor destacou que a nova coordinadora estará composta por dez membros, será paritaria, plural e terá representadas a sensibilidades de Ferrol en Común xa que se trata dunha formación integrada por Esquerda Unida, Anova e inscritos de Podemos.

"A partir de agora iniciamos unha nova etapa, onde temos que escapar de personalismos e individualidades, onde é necesario camiñar todos xuntos para construír un novo Ferrol", indicou. Así mesmo, subliñou que Ferrol en Común presentarase "cos mesmos apelidos e coa mesma asemblea" para "darlle continuidade a un novo proxecto". Ademais, destacou que a formación "está plenamente aberta á chegada de novos inscritos".

"Animamos a participar a todas aquelas persoas que desde a esquerda queiran tomar parte de maneira colectiva na vida política sen ser un profesional diso", indicou.

CANDIDATO Á ALCALDÍA

En canto ao candidato, Jorge Suárez asegurou que aínda "non está decidido quen será o candidato á Alcaldía de Ferrol". Sobre esta cuestión, lembrou que o mesmo sinalou en "repetidas ocasións" que non é "imprescindible" e que a decisión lle corresponde á asemblea. 

"Calquera dos integrantes da mesma están capacitados para dirixir esta organización", manifestou para insistir en que 2019 será o ano para falar de candidaturas.

Temas: FERROL EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

11 Arturo

Eu non presumo de nada. Non falo de min. Digo que o Alcalde de Ferrol non ten idea de nada, nen estudos, nen capacidade, nen competencia en nada ¿ E tan difícil de entender eso ? ¿ Seguimos ca teima de tentar desviar a atención do que se fala ?

10 Moncho Lareu, pastrán

A ver Chovi, que odies ao bng como forma de vida está ben, pero de verdade prefieres aos pailanes espanholazos do pce/ccoo?

9 Arturo

Respostando a comunista independentista. ! Toma panfleto ! Pero é que hai xente do común que ten estudos, sabe de algo, i é competente. Outros, non, simplmente non saben nada. Hai xente que so sabe largar panfletadas neostalinianianas, e cando se lle acaban os argumentos ( cousa que pasa dabondo ) empezar a insultar. Polo visto, dicir que alguén non ten idea de nada, é " clasista e reaccionario". Os dinosaurios non evolucionan, e só saben insultar abrindo moito a boca. Non hai argumentos, non hai ideas, só os mesmos insultos de sempre.

1 Tururú

Arturo, non presumas do que careces! Que de estudos non andas sobrado, non pasaches o de colocar espazos entre palabras e signos de puntuación (cinco veces nun parágrafo ben pequeno!). Incompetencia manifesta!

8 Breogán

O apoio de Ferrol en común é de 50 persoas é o mesmo que dicir que o alcalde se chama Xurxo. Pouco máis ca yoli, non era ninguén en Galiza e calquer día e ministra sen carteira.

7 O que queda do BNG

Por moito que vos amole a PPBNG, as enquisas sinalan unha subida de Ferrol en Común: https://www.lavozdegalicia.es/notic... PePeirolos e Blocallos, xuntádevos de novo, pero desta volta pra chorar e patalexar. XDDDDD

1 Finezza

E non tes unha enquisa máis recente para avalar tal conclusión que non cre ningún ferrolán, por certo, dos que eu coñezo?