O BNG esixe á Xunta que "mova ficha" para evitar o peche das factorías de Maderas Iglesias en Vigo e Mos

A empresa avanzou aos traballadores a súa intención de cesar a partir do 31 de marzo a actividade nestas instalacións.

Por E.P. | VIGO | 08/02/2018 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

O BNG esixiu á Xunta de Galicia que "mova ficha" para "evitar que se consolide" o peche das factorías de Maderas Iglesias en Vigo e Mos, despois de que a dirección da empresa así o comunicou aos traballadores argumentando que estas dúas sedes "estaban a producir perdas".

Madeiras Iglesias
Madeiras Iglesias

O presidente do comité intercentros de Maderas Iglesias, Vicente Molares, indicou que este martes a empresa avanzou aos traballadores a súa intención de cesar a partir do 31 de marzo a actividade nas factorías de Vigo (Puxeiros), onde hai unha ducia de traballadores, e Mos (Sanguiñeda), onde hai uns 25 empregados.

Así, os afectados serán trasladados á única factoría que queda, a de Louro (O Porriño), unha decisión que Molares remarcou que lles "sorprendeu" porque aínda que a de Mos "si está a traballar baixo mínimos, a de Puxeiros até hai pouco dixeron que era a súa fonte de ingresos". Ademais, dixo que no Porriño "xa non había traballo para todos, como para meter a máis traballadores".

A parte destas cuestións, a empresa tamén lles transmitiu que o persoal traballará de forma intermitente —dúas semanas si, unha non— ata que se acabe o ERE o próximo 5 de xuño; un marco no que lamentou que "hai xente que consumiu máis de 400 ou 500 días, e se se vai traballar tan pouco, para entón non terá dereito ao paro".

É por iso que os traballadores, que insisten en que Maderas Iglesias é "unha empresa viable", pero que "se está xestionando mal", volveron solicitar unha nova reunión co conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, para ver se hai algún avance, "por que quedou en que se ía a reunir coa empresa e as financeiras".

SERÍA "TERRIBLE" PARA A COMARCA

Cuestionada por este tema este xoves en Vigo, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, considerou que o peche destas dúas factorías sería "terrible para esta comarca", polo que volveu pedir á Xunta "que mova ficha" e "actúe para evitar que se consolide esta medida" nunha empresa que, insistiu, ten "viabilidade".

Neste sentido, culpou da situación á "irresponsabilidade da empresa e da Xunta", e insistiu en que se está "en tempo de desconto" para evitar o peche destas dúas sedes e para impedir que os traballadores poidan quedar na rúa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Arturo

Mover ficha quere decir darlle cartos a empresa. O que pasa é que dicir " mover ficha" queda mais ambiguo.