Austeridade: do dito ó feito

Alberto Núñez Feijoo introduciu durante a súa toma de posesión como presidente da Xunta de Galicia o concepto de austeridade.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 20/01/2011

Comparte esta noticia

Reducir o seu executivo, a propia estructura orgánica da administración autonómica, os gastos non productivos… foi o resultado de aplicar a súa máxima de facer máis con menos.

O que daquela foi unha proposta inédita, acabou por asentarse na filosofía política doutros gobernos. Hai, nembargantes, quen só fala dela, pero que está moi lonxe de aplicala.

Sin ir máis lonxe, na Deputación de Lugo, que conta cun orzamento que supón menos do un por cento do que manexará a Xunta este ano (pouco máis de 92 millóns de euros fronte a preto de 10.000 millóns), adícanse 638.000 euros a cubrir os salarios do seu equipo de goberno, xa que 12 dos seus 14 membros cobran da institución provincial. Feijoo e os seus 10 conselleiros, perciben 700.000 euros.

A primeira vista, está claro que, a tenor das competencias de uns e outros, existe unha desproporción notable. E resulta obvio concluir, por tanto, que o bipartito provincial saenos moi caro ós lucenses.

E non se trata de cuestionar o salario dos políticos. É lóxico e lexítimo que, como calquer outro traballador, teñan unha retribución digna e acorde coas súas responsabilidades. Pero cos tempos que corren, con moitas familias pasando por grandes dificultades derivadas da falta de emprego e da compricada situación económica na que nos atopamos, os cargos públicos e as administracións no seu conxunto deben dar exemplo.

E a Deputación de Lugo, non cabe dúbida, non é modelo de austeridade. Sin ir máis lonxe, os membros do goberno dispoñen de 27 asesores; 27 recoñecidos oficialmente como tales, porque hai otro grupo, bastante numeroso por certo, que son cargos orgánicos do PSOE e que tamén cobran da institución provincial. E fano, non porque foran elexidos para elo, senón porque os seus compañeiros, tamén socialistas, buscáronlle algún cometido á medida co que xustificar o seu soldo millonario. Pese a estas circunstancias, hai algún que ata se permite andar pedindo dimisións por aí.
En fin, que facendo números, a suma dos salarios que percibirán nesta lexislatura o goberno e os seus asesores “oficiais“ ascende a case seis millóns de euros.

Seis millóns cos que se arranxarían numerosas estradas, acondicionaríanse moitos metros de chan industrial e mesmo podería financiarse algunha que outra medida que contribuíra a dinamizar a actividade económica na nosa provincia e, por conseguinte, a afianzar empegos ou a xerar outros novos, estables e de calidade.

E se con estes cartos xa poderiamos financiar importantes actuacións, imaxínense o pulo que lle dariamos ós nosos sectores productivos básicos, ás infraestructuras ou mesmo o que avanzariamos no reequilibro territorial da nosa provincia se se adicaran a este fin os 16,3 millóns de euros dos que, baixo o ambiguo epígrafe de “gastos diversos”, dispuxo e disporá (a partida para este exercicio ascende a 4,1 millóns de euros), para o seu gasto discrecional e sen que dende a oposición poidamos fiscalizar o seu emprego, o Sr. Gómez Besteiro.

Estes son os datos (fácilmente contrastables, por certo). Agora que cada quen saque as súas propias conclusións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA