Temas: LIDIA SENRA UE

O debate do cambio da hora en Galicia chega a Bruxelas

A eurodeputada Lidia Senra apoia eliminar o cambio de hora no verán porque ten "impacto negativo" sobre a saúde.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2018 | Actualizada ás 17:47

Comparte esta noticia

A eurodeputada Lidia Senra apoiou a resolución que insta á Comisión Europea a eliminar o cambio de hora no verán ante os estudos que apuntan a "impactos negativos" sobre a saúde dos humanos, sobre a agricultura ou a seguridade viaria.

[Ndp101017]: Lídia Senra Impulsa A Visibilización Dás Mulleres Labregas Nos Estu
[Ndp101017]: Lídia Senra Impulsa A Visibilización Dás Mulleres Labregas Nos Estu | Fonte: Europa Press

O Parlamento europeo aprobou este xoves unha resolución pola que insta á Comisión Europea a levar a cabo unha "revisión exhaustiva" do cambio de horario de verán. Durante o debate, Senra interveu en nome do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) e puxo o foco en que non existen estudos científicos que certifiquen os "efectos positivos" do cambio horario.

Por contra, sinalou que si existen publicacións que alertan dos "impactos negativos" do cambio de hora "na saúde, de forma significativa na calidade do soño, así como na agricultura ou a seguridade viaria".

Nesta liña, incidiu en que Galicia sofre "moito máis" os "impactos" de adiantar o reloxo unha hora durante os meses de verán que noutros puntos de Europa, xa que a "posición xeográfica" do país "é a de Portugal e Inglaterra" e, por contra, figura coa franxa horaria de Berlín.

Así mesmo, Senra mostrou o seu escepticismo sobre o "manido argumento" de que o cambio horario implica aforrar enerxía e lembrou que a Comisión Europea "aínda ten pendente presentar cifras concretas e exactas do suposto aforro enerxético".

Temas: LIDIA SENRA UE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

2 Anti spamña

A Lidia lideiras antivacinas volta de novo á carga. Agora contra os seráns galegos do verán,.Un luxo estar as dez da noite tomando un viño e vendo o solpor. Vaite peitear, Lidia de España.

1 antiparvos

as dez da noite o que tes que tomar é o leitiño e ir para a camiña. Ou non traballas?

2 LKI

E para que vai traballar se o BeNeGá lle paga as facturas a cambio de vomitar bile na rede? Este aínda vive ben. O triste é o de Gonzalito "El Vieiras" que lle ten que medir o nivel de glifosfato ás mexadas de Senra, como acaba de confesar no orneo nº 1, e o BeNeGá non lle paga nin os medicamentos para o seu tema mental. Qué desgraza.

3 LKK

E ti mesmo falas de bieiras tóxicas home quen che paga a ti para dicir que todo o que non che gusta é o bloque. https://elpais.com/diario/2008/09/1...

1 chega o medioevo o mediovedil

outra vez, a lidya glifosfato (lembremos que tiña no analise dos mexos mais glifosfato que todolos demais deputados do europarlamento, e despois co conto de que e "agricultura e ecoloxica" , e seguramente dandolle o sulfato por toda o eido e a tapada, agora preocupada pola nosa saude, iso si despois de deixarnos a todos sin vacinas, despois de facernos perrcorre na maquina do tempo, o reloxo da historia e da civilización, un par de seculos para atrás e non precisamente un par de horas de horas solares, non aquí o retraso e de varios seculos, para que podamos experiementar en carne propia o andacio, a pestilencia, e porque non que saquen tamen de paseo e de golpe todolos xinetes do apocalipses, os imaxinos presididos polo GRAN SEÑOR DA REBORAINAS "o chamado" feudo, si home si o -Vieiras