GC Aberto
Temas: CIUDADANOS

O descoñecemento dun posible fenómeno de exclusión social

Nos últimos días temos coñecido a nova de que “Ciudadanos”, o partido político, semella ter a intención de eliminar o coñecemento do castelán coma requisito para entrar a forman parte dos funcionarios galegos.

Por juan | Valladolid | 13/02/2018

Comparte esta noticia

O partido político considera que é discriminatorio que as persoas que desexen traballar na función pública galega coñezan o galego. Non imos a falar do feito obvio de que esta pretensión atenta contra as normas que temos establecidas no pais. Interésanos ir polo camiño da exclusión social que podería xerar esta iniciativa.

Albert Rivera, líder de Ciudadanos, na manifestación unionista en Barcelona trala declaración de independencia de Cataluña proclamada no Parlament o 27 de outubro de 2017
Albert Rivera, líder de Ciudadanos, na manifestación unionista en Barcelona trala declaración de independencia de Cataluña proclamada no Parlament o 27 de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez

A lóxica deste afirmación se alicerza na idea de que as persoas de fora da Galicia non teñen as mesmas oportunidades que os cidadáns galegos. O problema básico desta lóxica partidaria é que o reino de España non ten unha lingua. É dicir, España non ten unha lingua ten varias: galego, bable, eúscaro, catalán, entre outros. A partires desta realidade obxectiva, e eu engadiría que innegable, as persoas van conformando o seu mundo e as súas relacións.

Isto fai que as persoas entendan as linguas como elementos persoais e sociais. Tanto é así que cando unha persoa bilingüe se anoxa ou ten que lle dicir algo moi íntimo a alguén amado, tende a empregar a lingua que ten inserida no máis fondo da súa personalidade.

“Ciudadanos” semella non comprender adecuadamente a realidade galega. Considerar que se pode eliminar o galego da función pública implica identificar a Galicia con outras rexións de España e non ter en conta a dispersión poboacional galega. Quero dicir, con isto, que hai zonas en Galicia nas que o galego é moi habitual. Tanto que incluso podemos atopar persoas cuxa lingua vehicular permanente é o galego. Estas persoas, en situacións de nervios, estrés, etc. precisan seren atendidas nesa lingua emocional e íntima. Estamos a pensar, especialmente, no eido rural.

Xerar unha administración pública castelanizada podería implicar a xeración dun entorno agresivo para os nosos maiores ou para a xente do rural. Galicia, aínda que “Ciudadanos” o descoñeza, é o pais da España que emprega o seu idioma dun xeito xeralizado. En determinadas zonas, incluso, resulta difícil –para algunhas persoas– expresarse en castelán cando se senten en situación de fraxilidade.

Todo isto nos leva a afirmar que un funcionariado castelanizado xeraría exclusión social especialmente no rural. Agardo que o parlamente galego sexa consciente da realidade galego e non xere este problema de exclusión.

Juan R. Coca,
Profesor de socioloxía da Universidade de Valladolid e director da Revista Sociología y Tecnociencia

Temas: CIUDADANOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta