Denuncian que a proposta de C's de castelanizar o funcionariado xeraría exclusión social no rural galego

Juan R. Coca, profesor de socioloxía da Universidade de Valladolid e director da Revista Sociología y Tecnociencia critica durantemente nunha carta publicada no GC Aberto a iniciativa de Ciudadanos por non entender o contexto social de determinadas zonas do Estado.

Por Galicia Confidencial | Valladolid | 13/02/2018 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

"Ciudadanos semella non comprender adecuadamente a realidade galega. Considerar que se pode eliminar o galego da función pública implica identificar a Galicia con outras rexións de España e non ter en conta a dispersión poboacional galega", denuncia o profesor de Socioloxía Juan R. Coca a raíz da proposta deste partido de suprimir do acceso ao corpo de funcionarios o coñecemento doutras linguas oficiais do estado, agás o español.  

Coca incide no feito de que hai zonas en Galicia nas que o galego é moi habitual, "tanto que incluso podemos atopar persoas cuxa lingua vehicular permanente é o galego". "Estas persoas, en situacións de nervios, estrés, etc. precisan seren atendidas nesa lingua emocional e íntima. Estamos a pensar, especialmente, no eido rural", engade.

Por iso cre que unha administración pública castelanizada podería implicar a xeración dun "entorno agresivo para os nosos maiores ou para a xente do rural" e xeraría exclusión social. Toda a súa carta no GC Aberto, a sección aberta a que cidadáns e colectivos poidan expresar libremente a súa opinión.

Dúas persoas maiores e xubiladas tentan disfrutar da súa vellez
Dúas persoas maiores e xubiladas tentan disfrutar da súa vellez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

7 unmais

Estes supremacistas españoleiros, alen de usar argumentos absurdos, non sei porque lles preocupa o tema se segundo eles na Galiza todo o mundo entende os dous idiomas, o problema será para os que veñen de fora a opositar aquí, e debe ser que aquí non temos profesionais dabondo suficientemente preparados para ocupar os postos que hai que queren traelos de fora, sen que nin siquera teñan que acreditar o coñecimento da linguado país nin facer un curso, ou sexa tirar pedras contra o noso propio tellado e que mais galegos teñan que emigrar

6 anonimo8475

En pocas palabras, ganas de crear problemas donde no existen. Resulta ahora que quienes viven en pueblos y aldeas tienen problemas para hablar y comprender el castellano. Cuando hablo con gente gallego hablante, ni yo tengo problema en comprender el gallego que usan, ni ellos tienen problema en comprender el castellano que yo uso. Una petición de información, un encargo, cualquier cosa se cierra sin problemas en lo que al idioma se refiere. As súas mentiras, señor Coca, son noxentas!

1 Nomelopuedocreer

A ver, vostede é médico? Se chega miña mai é lle di que o estómago non lle revolve ben a comida, que lle di? Ou que ten a paletilla mal? Máis alá diso, a cuestión polo momento é clarísima: temos dereito a que nos atendan en galego. E se non sose así sempre poderiamos reclamar que a atención fose en castelán normativo e foneticamente neutro. Eu paseino moi mal coma tradutora dun familiar que, por desgraza pouco foi á escola, e tivo que aturar que non só o médico fixese gala de non entendela senón que eu tiven que traducila. Non me estendo máis porque estas cuestións enseguida se volven polémicas, pero se fose miña nai habería unha denuncia polo trato. Parecía que falaba con seres inferiores... Quen sabe por que?

2 Nomelopuedocreer

E seguro que se falo contigo entendes ben do que estou a falar e de coma te sentes despois de que che pase iso e ademais ter na casa a dous familiares gravemente enfermos. Por favor, hai outras cuestións sobre as que polemizar... Se un non quere ser funcionario do goberno español teno fácil: que non o sexa. Se o é, ten que saber que hai zonas bilingües e que coma mínimo mostrar un pouco de empatía agradécese. Xa o digo: se me toca a min ou a miña nai non serei tan condescendiente. Estou farta de aturar este tipo de actitudes.

3 Nomelopuedocreer

Que é un nacionalismo períférico? Ti semellas ser un centralista madrileño, ou sexa totalmente periférico con respecto a Alemaña. Se son europea, por que non me deixan elixir ser, por exemplo, municipio asociado de Baviera? Vaites, pensades que somos parvos. Se decides que os cidadáns elixen, por que non podo eu escoller ser vasca, navarra ou catalá? Só porque me foron a nacer neste recuncho do mundo galaico? A ver... Por favor, os vosos hargumentos non se sosteñen. Xa o sabedes, non. Pois ide a lucilos a outros lugares. Aquí inda quedamos algúns que sabemos ler e entender o que lemos.

4 anonimo8475

Suponiendo que su historia sea cierta - mis abuelos, qepd, eran gallego hablantes, no tenían estudios y hablaban castellano correctamente -, usted no es quien para decidir si un funcionario debe tener competencias en tal o cual lengua; funcionarios, que, por cierto, no son del gobierno, sino de las distintas administraciones públicas. En cualquier caso, tendríamos que decidirlo todos los españoles en un referéndum.

5 Impoñen

Se non garanten que os funcionarios saiban galego, no fondo están a obrigar ao usuario a faran en castelán para poder ser atendido, ergo están a discriminalo por cuestións lingüísticas, algo totalmente anti constitucional. Os "constitucionalistas" cada vez máis retratados, non son máis que fachas que queren impoñer o español e erradicar o galego. O triste é que algúns lle sigan o xogo con argumentos tan tristes...

4 Breogán

Undopobo!!!! Dille iso do preto que están as linguas castelán e galega así coma a tradución tan doada segundo tì a " LIBERTY SEGUROS" demandei a poliza- contrato en galego xa fai dous meses e din que inda ma remitiran en dous meses máis por mor da traducción. A ver se cando lle damos ao peteiro estamos informados e intruidos.

3 Antitrolas

A proposta de Cidadáns é perfectamente axustable ao que establece a Constitución española, e tamén ao que ocorre en calquera estado democrático europeo. Mirando aos resultados, non serviu para nada darlle cancha aos nacionalismos periféricos ata o extremo de facelos donos de todo nas súas rexións cando fai corenta anos tiñan un apoio popular insignificante.

1 unmais

Para comezar, non se axusta aoque din osestatutos de autonomía, que son leis, e para continuar, de que estados democráticos europeosestas a falar, de Suiza?, onde un de Xenebra non ten por que aprender alemán, tal vez de Belxica, onde un flamanco non fala francés?. viaxa un pouquiño e despois fala