Que pesados co argumento dos vellos... ligando monolingüísmo en galego a velloucos e poboación do rural. Eu son de Vigo, nacín nos 80, só uso o galego en Galicia quitando situacións específicas nas que utiliza as outras linguas que coñezo e non me sai da pirola mudar de idioma nos meus tratos ca administración e a lei ampárame.
É que niguén te vai pedir que mudes de língüa. No fondo non é un problema de língüas senon de dereitos. Eu non podo obligar a outro a que me fale na língüa que eu quero e viceversa. Ademáis iso que dí o titular non pasaría. Todos os galegos entenden ambas língüas e tamén falan as dúas con máis ou menos erros. O galego e o castelán están tan preto que, agás algunha palabra ou expresión concreta, non precisan tradución e salvo casos que semellan patolóxicos, son aceptados sen problemas por os cidadáns. Polo tanto, deixémonos de lerias. Hoxe non existe ese desprezo social polo galego, nin tampouco un alonxamento da língüa que tivese como consecuencia o descoñecemento e a incomunicación.
Non existe desprezo polo galego?, carallo, sabes máis que os sociolingüístas entón?, le estes estudos nos que utilizaron técnicas cuantitativas de análise social entre a mocidade e xa verás como aínda persisten esa visión negativa
https://academia.gal/documents/1015...+Galego+segundo+a+mocidade.pdf
https://www.xerais.gal/libro.php?id...
Ninguén debería pedir que mude de lingua, pero se non se obriga a acreditar o coñecemento da miña lingua, poderían haber situacións nas que os meus dereitos como administrado serían vulnerados.
Ese condicional "podería", sempre illado, non xustifica a obriga de uso dunha língua oficial. Qué dereitos serían vulnerados? Qué o funcionario non falase como tí queres? Eu entendo e falo ambas língüas e nunca xamáis demandarei de alguén que mude de língüa. Baixo o meu punto de vista, a visión do galego como língua "inferior" ten máis que ver coas realidade social dos usos lingüísticos. É indudable a potencia do castelán no mundo, como tamén o é a limitación do galego neste mismo sentido. Pero esas diferenzas no se arranxan coa obriga de uso da língua minorizada. Haberá que buscar fórmulas de promoción que non atinxan aos dereitos dos cidadáns en relacion á súa liberdade para falar a língua oficial que desexe.
Undopobo, se o funcionario non ten a "obriga" de "entender" non "falar" o galego, e di que non ten entende cando te dirixes a el ? Como carallo vas a usar o teu dereito de falar na túa lingua na túa terra para facer o que tes obriga de facer coa administración publica ?. O problema non é a obriga que teñen eles de falalo ( eso é unha excusa dos que queren facer o posible para que desapareza ), o problema é que eles van a ter a estupenda excusa para que ti non o poidas usar na túa terra. E dame exactamente igual se dominas os dous ou 50, é o meu dereito, que poderá ser vulnerado.
Xa se dan casos de funcionarios que alegan non deber de coñecer o galego, por exemplo, na garda civil.
A ver Uncalquera, non coñezo ningún cidadán galego, repito ningún, que non entenda o galego. Outra cousa é que o fale (ben ou mal) ou que queira facelo. Ten dereito a non facelo aínda que tí llo pidas. E tí tamén tes dereito a non mudar de língüa aínda que él diga que non te entende. Ademáis, cántos casos de "no te entiendo" hai a cotío nas nosas aldeas, vilas ou cidades? Non é esa a realidade social de Galicia por moito que se amplifiquen denuncias interesadas e moitos poñan desculpas parecidas para xustificar o inxustificable: obrigar a un cidadán a falar unha língua que non quere porque non é a súa (sexa galego ou castelán). Tí non tes dereito a dicirlle a ninguén que che fale na túa língüa i el non ten dereito ao contrario.